A alcalde de Arteixo preside, como diputada provincial, as xornadas do proxecto Parnet en Águeda...
Dna. Pilar Souto Iglesias, Alcaldesa do Concello de Arteixo, presidía onte, como Deputada Provincial, o comezo das Xornadas adicadas ao programa Parnet TIC, un proxecto europeo destinado a fomentar a Sociedade da Información nos territorios rurais, por medio de la administración electrónica e da participación electrónica, que se está desenrolando en Águeda (Portugal).
Na súa intervención, Dna. Pilar Souto facía fincapé na importancia de fomentar o desenrolo das novas tecnoloxías e administración dixital como medio para facilitar a vida a todos os cidadáns, especialmente aos que residen en núcleos rurais, “algo no que a Deputación da Coruña inviste moito tempo e presuposto, por coñecer e valorar, precisamente a importancia destes avances”. Estes esforzos materialízanse na creación da Oficina Virtual Tributaria, o Rexistro Telemático ou o e-BOP.
Neste acto, Dna. Pilar Souto estivo acompañada polo. Secretario de Estado de Administración Local, o Secretario de Estado Portugués, D. José Junqueiro, o Presidente da Cámara Municipal de Águeda e varios membros das distintas corporacións locais e provinciais incluídas no proxecto.
A innovadora experiencia Parnet TIC ofrecerá un espacio público de información e comunicación entre os territorios e os seus habitantes, facendo máis interactiva a administración e achegándoa á cidadanía.