Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 30 de noviembre de 2018 | Leída 18 veces

O Pleno aproba por unanimidade os novos nomes para 36 rúas e 6 prazas públicas

Na sesión ordinaria celebrada onte que comezou coa lectura dunha declaración institucional contra a violencia de xénero. Tamén se acordou a modificación da ordenanza fiscal número 1. Aprobouse a estrutura de custes do ciclo integral da auga...

[Img #47272]O Pleno ordinario do mes de novembro celebrado onte comezou coa lectura por parte do alcalde, José Manuel López Varela, dunha declaración institucional consensuada polos grupos políticos presentes na sesión –escusou a súa ausencia Antonio Antelo, único membro do grupo mixto- en rexeitamento da violencia de xénero e en apoio ás vítimas desta lacra social, tanto ás mulleres como aos seus familiares, fillos e fillas. A continuación gardouse un minuto de silencio en mostra de recordo e respecto ás corenta e cinco mulleres asasinadas polas súas parellas ou exparellas no que vai de ano en España.

 

Xa centrados nos puntos da orde do día, houbo unanimidade na aprobación dos novos nomes para trinta e seis rúas e seis prazas públicas situadas nos núcleos urbanos da Laracha, Paiosaco e Caión. O rexedor valorou o procedemento desenvolvido polo Concello para decidir ditos nomes, consistente nunha consulta popular realizada a través da web e das redes sociais municipais na que participaron máis de douscentos veciños. Despois desta experiencia “pioneira en Galicia”, López Varela considera que se abriu unha vía para que no futuro “a cidadanía poida facer as súas aportacións noutro tipo de cuestións de interese municipal”.

 

Tamén foi aprobada –neste caso, coa abstención do concelleiro do PSOE presente no Pleno- a modificación da ordenanza fiscal municipal número 1 relativa a documentos administrativos. O motivo do cambio no texto é especificar que serán os promotores de iniciativas urbanísticas os que deban facerse cargo dos custos derivados das publicacións nos boletíns oficiais que requiran ditos procedementos. O alcalde considera que “non é xusto que sexa o Concello quen asuma eses gastos no orzamento xeral municipal cando se trata de proxectos privados”.

 

Ademais deuse luz verde –coas abstencións dos grupos socialista e nacionalista- á aprobación da estrutura de custes do servizo municipal do ciclo integral da auga. A continuación, dito informe estará vinte días en exposición pública e, posteriormente, remitirase ao Consello Consultivo. Tal e como explicou López Varela, trátase do trámite legal que se debe levar a cabo por normativa antes de iniciar unha licitación destas características. 

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress