Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 30 de noviembre de 2018 | Leída 15 veces

A Xunta executará en 2019 a segunda fase do novo edificio de infantil do CEIP Otero Pedrayo da Laracha

Así foi anunciado onte ao alcalde e á concelleira de Ensino polo Secretario xeral técnico e a Subdirectora de construcións e equipamentos da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. O proxecto de execución estará listo no primeiro trimestre do ano e, a continuación, sacarase a licitación. Con esta actuación completarase a cobertura integral en infraestruturas do colexio de maior entidade do municipio...

[Img #47271]

 

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional executará no próximo ano a segunda fase do novo edificio de infantil do CEIP Ramón Otero Pedrayo, o colexio de maior entidade do municipio.

 

Na xuntanza que mantiveron onte pola mañá en Santiago de Compostela, o Secretario xeral técnico da Consellería, Jesús Oitavén, e a Subdirectora de construcións e equipamentos, María Jesús López, comunicaron hoxe ao alcalde do Concello da Laracha, José Manuel López Varela, e á edil de Educación, Patricia Bello, que a Xunta de Galicia levará a cabo esta actuación en 2019.

 

Os responsables da Consellería tamén lles adiantaron aos membros do goberno local que o proxecto básico da obra xa está redactado. A previsión é ter concluído o proxecto de execución no primeiro trimestre do ano e, a continuación, sacalo a licitación.

 

Na actualidade o alumnado de 5º e 6º de infantil do CEIP Otero Pedrayo realiza a súa actividade nas aulas do edificio novo que se construíra na primeira fase. Unha vez remate a obra que se anuncia hoxe, tamén haberá aulas habilitadas para os de 4º, polo que o edificio albergará ao completo a actividade dos tres cursos de infantil.

 

Paralelamente, neste Nadal, aproveitando as vacacións no colexio, o edificio número 1 –empregado actualmente polo alumnado de 4º de infantil- será obxecto dunha intervención por parte do Concello para mellorar o seu solo e repintar todas as aulas.

 

Coa execución da segunda fase do novo edificio de infantil completarase a cobertura integral das infraestruturas do CEIP Otero Pedrayo.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress