Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 30 de noviembre de 2018 | Leída 12 veces
A LARACHA

“Nacidas Libres” pecha os venres teatrais da Laracha

Hoxe a partir das 21:00 horas na Casa da Cultura. Obra escrita por Cándido Pazó e interpretada por Susana Dans, Rocío González, Casilda Alfaro e Mónica Caamaño. Dirixida a maiores de 13 anos de idade...

[Img #47270]

 

Durante o mes de novembro estase a desenvolver na Casa da Cultura da Laracha o ciclo “Venres Teatrais”, que conta con destacados espectáculos do panorama galego.

 

Esta semana será a cuarta e última función, que pola súa temática tamén se inclúe no programa de actividades e actos municipais en torno ao Día internacional contra a violencia de xénero, que se celebrou o pasado domingo.

 

A obra que se escenificará mañá será Nacidas Libres, da compañía Contraproducións e escrita por Cándido Pazó. O espectáculo está protagonizado por catro actrices (interpretadas por Susana Dans, Rocío González, Casilda Alfaro e Mónica Camaño) que, fartas de non recibir ofertas de traballo, deciden autoempregarse e montar unha peza encomendándolle o texto a unha escritora moza que vive emigrada.

 

Dirixida a maiores de 13 anos de idade. A partir das 21:00 horas con entrada libre e gratuíta.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress