Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 28 de noviembre de 2018 | Leída 20 veces
baloncesto

Crónicas xornada CB Laracha

Senior femenino. Junior femenino. Senior Masculino...

[Img #47260]

 

Senior femenino

CB Laracha Nova Facil 54 - 40 Cook Muralla de Lugo 

 

Anotación: Jessi Viña (6), Bibi (3), Carla, Luci Graña (5), Cris, Laura, Ana (8), Martina (19) e Irene (13).

 

Terceiro partido na casa para as larachesas que, afrontaban o encontro con numerosas baixas (Luci Diaz, Mili e Renata). Por outra banda contaron ca gran axuda das junior Laura, Ana Aldao e, debutando cas senior: Carla.

 

Comeza o partido, o conxunto laraches saliu forte en defensa e con contraataques eficaces, mostrando un bo xogo cun parcial de 19-4 no primer cuarto.

 

No segundo, as locais salen menos efectivas, faltas en acerto e unha defensa más floxa, que soubo aproveitar o equipo visitante. As de Lugo acortaron distancias gañando este periodo por 7 -14.

 

A volta dos vestiarios ambos equipos estiveron na misma liña de ataque, mantendo as distancias finalizando o tercer tempo con un 10-8.

 

No último cuarto poidemos ver un Cook Muralla de Lugo mais ofensivo e rápido en ataque, pero as locales non se amedrentaron e souberon aproveitar os erros precipitados e pouco acerto por parte das luguesas, cunha Martina baixo aro que non perdoaba un rebote nin un contraataque rápido.

 

Bo sabor de boca para o conxunto larachés que consegue a primeira victoria na casa para poder adicarlla os seus aficionados, que ofrecen unha axuda incuestionable en cada encontró.

 

O próximo partido será en Lugo contra Estudiantes Lugo Leyma Natura que van líderes na clasificación. O encontró será o domingo 2 de Decembro (horario pendiente de confirmar).

 

[Img #47259]Junior femenino

CB Pontumio 64 - 45 CB Laracha

 

Anotación CB Laracha: Alejandra Tasende (4), Helena Bello (5, 1 Triple), Carla Fernández (8, 1 Triple), Laura Naya (2), Ana Aldao (20), Lucía Tuset (6), María Calvete. Estela Santos foi baixa no encontro.

 

Parciais:10-18 15-21 9-7 11-18

 

Este foi o quinto partido da temporada das nosas junior contra o CB Pontumio.

 

O partido comezaba cun tanteo moi igual para ambos equipos ata a metade do primeiro cuarto cando o marcador das rivais pillou a dianteira. Ante isto,o equipo local pareciu demotivarse e quedar sen folgos.

 

No segundo cuarto as nosas xogadoras recompuxéronse e conseguiron recortar dez puntos; malia iso, non conseguiron acadar o empate.

 

O marcador no descanso estaba 25 - 39.

 

O terceiro cuarto foi un gran tempo para o equipo local xa que conseguen remontar chegando a superar por dous puntos no final do período.

 

Cara a remate do último cuarto o equipo visitante volve a impoñerse rematando o partido cunha diferenza de 39 puntos.

 

Parabéns para estar xogadoras que a pesar de ser poucas e do duro encontro pelexaron ata o final.

 

O próximo partido será este fin de semana en Laracha frente o Artai.

 

[Img #47261]Senior Masculino

CB Laracha M3 70 - 69 Maristas Coruña 

O xoves pasado os nosos senior disputaron a xornada nº8 da liga regular contra o Maristas en Laracha. O equipo visitante lideraba a clasificación sendo invicto ata a data.

 

Os xogadores locais comenzaron o partido con unha gran intensidade defensiva, e uns fluidos e efectivos ataques. Chegaron a distanciarse do rival en casi 20 puntos. Sen embargo, a medida que o partido iba avanzando a constancia dos nosos xogadores mermou, deixando que o Maristas se acercaran perigosamente no marcador. Finalmente, os nosos rapaces conseguiron manterse por arriba coa mínima ventaxa rematando o partido cun 70-69 moi axustado.

 

Con esta victoria, o Laracha ponse líder na súa liga.  

 

O próximo partido será esta fin de semana contra o Moneyball Galiwood nos Rosales.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress