Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 28 de noviembre de 2018 | Leída 30 veces

Alcaldes de Honduras visitan Arteixo para coñecer a xestión pública da agua

Seis alcaldes e unha alcaldesa do país centroamericano visitaron Arteixo para coñecer o sistema público de agua do concello...

[Img #47256]Seis alcaldes e unha alcaldesa do sur de Honduras visitaron onte Arteixo para coñecer a xestión pública da auga e o saneamento. A actividade encádrase no proxecto que o Foro Galego de Cooperación e Solidariedade financia con 36.740 euros á ONGD Enxeñería Sen Fronteiras para fortalecer as capacidades técnicas dos sete municipios centroamericanos, a fin de que poidan mellorar estes servizos nas comunidades rurais. Os representantes públicos hondureños entrevistáronse co alcalde de Arteixo, Carlos Calvelo, e varios concelleiros de diferentes áreas de cara a saber o funcionamiento do sistema público da xestión da auga en Arteixo.

 

San Lorenzo, Amapala, Nacaome, Marcovia, Goascorán, Namasigüe e El Triunfo son as vilas costeiras que integran a mancomunidade Nasmar, no Golfo de Fonseca, cuios representantes visitan Galicia para coñecer o funcionamento dos sistemas de abastecemento e saneamento.

 

Acceso a un dereito básico

En canto á iniciativa que se está a implementar sobre o terreo, o obxectivo é ampliar o acceso á auga potable e ao saneamento da poboación rural de Honduras, como dereito humano básico, mediante unha xestión integrada que contemple enfoques de transparencia e participación cidadá, entre outros. Para conseguilo, estanse a levar a cabo diversas accións a fin de fortalecer as capacidades municipais neste senso, comezando por formar ao persoal no manexo de programas onde integrar os datos e realizar a planificación hídrica.

 

Os municipios da mancomunidade Nasmar suman preto de 210.000 habitantes, dos que aproximadamente o 70% non dispoñen dunha traída en condicións axeitadas. Na zona rexístranse ademais altos índices de desigualdade e pobreza, por enriba da media do Estado que se sitúa no 65%. Cómpre ter en conta asemade que Honduras é un país altamente vulnerable ao cambio climático, debido á súa degradación medioambiental, e está considerado un dos máis afectados por fenómenos meteorolóxicos extremos, como furacáns e secas.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress