Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Martes, 27 de noviembre de 2018 | Leída 15 veces

O alcalde recollerá hoxe en Oviedo o premio outorgado por Unicef ao concello da Laracha

No IX Certame de Boas Prácticas en Dereitos da Infancia e Política Municipal. O acto terá lugar pola mañá no Palacio de Congresos y Exposiciones da capital asturiana. O Programa Harmoniza foi premiado na categoría de “Campañas efectivas dirixidas á mellora do benestar da infancia e a adolescencia”...

O alcalde do Concello da Laracha, José Manuel López Varela, e a concelleira das áreas de Servizos Sociais e Muller, Rocío López, estarán presentes no acto de entrega dos recoñecementos por parte do Comité Español de UNICEF (Fondo das Nacións Unidas para a Infancia) ás Cidades Amigas da Infancia. Desenvolverase no Palacio de Congresos y Exposiciones de Oviedo mañá martes a partir das 10:00 horas.

 

O Concello da Laracha foi un dos dous municipios galegos galardoados no IX Certame de Boas Prácticas en Dereitos da Infancia e Política Municipal deste ano, convocados co obxectivo de valorar os proxectos e accións que se levan a cabo centradas na Convención dos Dereitos dos Nenos, dirixidos a impulsar o benestar da infancia e a adolescencia e coa finalidade de servir de modelo para que outros municipios poidan coñecelos e adaptalos a súa propia realidade.

 

O Programa Harmoniza larachés resultou distinguido na categoría de “Campañas efectivas dirixidas á mellora do benestar da infancia e a adolescencia” dado que:

 

  • Ten un impacto demostrable e tanxible na mellora das condicións de vida da infancia.
  • É un programa replicable noutros municipios.
  • Ten en conta a participación infantil ao promover un espazo con mecanismos que garanten a participacion de nenos e nenas.

 

A través do Programa Harmoniza o Concello da Laracha ten en funcionamento a aula lúdica municipal cos obxectivos fundamentais de facilitar a conciliación e fomentar e promover o ocio e o tempo libre dos nenos fóra do horario escolar e nos períodos vacacionais en igualdade de oportunidades. Faise por medio dun servizo atendido por persoal especializado que favorece a participación dos rapaces en actividades comunitarias de carácter socio-educativo a través da súa implicación no desenvolvemento e valoración de actividades encamiñadas a ese fin. Todas as actividades que se desenvolven están consensuadas e coordinadas dende a Concelleria de Servicios sociales, Sanidad, Mujer y Empleo Laracha, o que permite tratar cuestións como a sensibilización sobre igualdade de xénero e corresponsabilidade, a diversidade e a non discriminación.

 

O Concello da Laracha mostra o seu orgullo porque unha entidade como UNICEF mostre deste xeito o seu respaldo e impulso aos proxectos municipais que se están a desenvolver para facilitar a conciliación das familias e cooperar na educación dos nenos en corresponsabilidade, igualdade de oportunidades e rexeitamento de calquera tipo de violencia.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress