Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Sábado, 24 de noviembre de 2018 | Leída 20 veces
CAMBRE

Cambre homenaxea aos seus deportistas na Gala do Deporte

Máis de 20 entidades cambresas e 50 deportistas a nivel individual recibirán un premio pola súa traxectoria anual…

Onte tivo lugar a Gala do Deporte por segundo ano consecutivo. Trátase dun evento que se recuperou o pasado ano tras deixarse de celebrar tras case unha década. Máis de medio centenar de deportistas a nivel individual e unhas 22 entidades locais recibirán un premio pola súa traxectoria deportiva neste 2018.

 

O concelleiro de Deportes, Brais  Cubeiro, sinala que  o goberno local tenta con este  evento de homenaxe a deportistas, clubs e asociacións dar visibilidade e recoñecemento aos deportistas do municipio, entre os que figuran diversos campións nacionais, autonómicos e provinciais e que fan de Cambre un referente no mundo do deporte.

 

“En Cambre temos unha extraordinaria saúde deportiva grazas a clubs e deportistas que levan o nome do noso Concello con orgullo por todo o mundo”. 

 

Deportistas de elite ou de base, individuais ou membros de equipos locais asistirán o vindeiro venres 23 a unha celebración no Cenador de Cambre, onde a Corporación Mnicipal entregará galardóns a deportistas e representantes de entidades locais en recoñecemento á súa traxectoria e traballo.

 

Entre os galardoados destacan; Ainoha Portos Iglesias, integrante da selección Española de rugby; Inés Pampín, campeona galega de atletismo; Raúl Fernández, jugador perteneciente a la OK Liga de Hockey,; Judith Gallén, integrante do equipo galego de padel; Juan Gutierrez Mosquera, Subcampión de España individual de tenis en cadeira de rodas; Aleksa Strickovic, campeón de xadrez; e David Isaac Iglesias Mosquera, campeón de Tiro (Armas deportivas).

 

Por outra banda, Sofía Toro, a campiona Olímpica e recentemente Subcampiona de España na modalidade 470, recibiu una mención honorífica por su trayectoria deportiva antes de asistir ao campionato do Mundo de clase Olímpica (Dinamarca).

 

A saúde dun  Concello mídese, din, polas súas boas  infraestruturas, a súa capacidade económica, a súa cultura e os seus servizos, en definitiva, pero sen dúbida un dos factores que miden o estado dun concello é o seu deporte e os seus deportistas.

 

O alcalde pechou o acto co discurso final e o agasallo a Sofía Toro, como gran homenajeada da noite. “En Cambre non só temos unha boa saúde neste sentido, temos unha imaxe envexable en toda a comarca grazas aos logros dos nosos nas diferentes disciplinas deportivas e ás dos seus clubs.

 

De Aquí saíron, saen e sairán campións en moitísimas disciplinas, e todo iso grazas a que  desde pequenos traballaron nas súas entidades de orixe formándose como grandes deportistas e en definitiva como persoas.

 

Hoxe volvemos a esta Gala por segundo ano consecutivo, unha gala que hai anos deixouse esquecida. Nós Cremos en vós, no deporte e este recoñecemento porque os deportistas de  cambre son os mellores embaixadores do  Concello.

 

Non quixese citar a todos os clubs e entidades que fan posible que hoxe esteamos aquí e a todos os deportistas, os que estades e os que faltan, porque non me quero esquecer de ningún de vós.

 

Para chegar á vitoria, aos vosos logros, tivestes que adestrar durante moitísimas horas de duro traballo. Sacrificar o voso tempo libre en busca do triunfo. Pero gustaríame facer mención dunha frase que escoitei ao máis grande do Baloncesto, Michael Jordan que ao ser preguntado sobre o segredo do seu éxito respondeu: “Simplemente xoga. Divírteche. Goza o xogo”.”, apuntou o alcalde no seu discurso.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress