Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Sábado, 24 de noviembre de 2018 | Leída 10 veces

O Concello mellora a estrada en O Coto, na parroquia de Coiro

Invístense neste proxecto preto de 37.000 euros. Inclúe a renovación do pavimento, o ancheamento da calzada e a mellora da rede de saneamento. Esta zona está a rexistrar un notable aumento no número de habitantes durante os últimos anos...

[Img #47231]

 

O Concello da Laracha está a desenvolver unha ampla actuación para mellor a estrada do lugar de O Coto, na parroquia de Coiro.

 

A actuación abrangue unha distancia lineal de 1.300 metros nos que a superficie de rodadura está a ser renovada cun pavimento de aglomerado asfáltico en quente. A calzada presentaba unha anchura media de tres metros e medio e o proxecto tamén contempla o seu ancheamento nos tramos nos que as súas características así o permitan, chegando a alcanzar ata unha amplitude máxima de sete metros.

 

Ademais da renovación do pavimento, está a ser mellorada a rede de saneamento en todo o ámbito de actuación.

 

O orzamento do proxecto sitúase en torno aos 37.000 euros.

 

O alcalde, José Manuel López Varela, e o concelleiro de Obras Públicas, Jesús Souto, visitaron o lugar das actuacións xunto ao director da obra para interesarse polo desenvolvemento dos traballos.

 

Esta actuación estase a desenvolver nunha das zonas rurais nas que se está a rexistrar nos últimos anos un notable incremento do número de habitantes. O Coto e os núcleos de poboación das súas proximidades son lugares nos que tamén está aumentando a construción de novas vivendas unifamiliares.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress