Jueves, 9 septiembre 2010

Medio Ambiente licita as obras da segunda fase do saneamento e abastecemento no concello da Laracha por case 338.000 euros

Enviar por email

LARACHA. A actuación beneficiará os veciños das parroquias de Lendo e A Viña, xa que na actualidade se abastecen de pozos privados e verten as augas residuais a fosas séptica...


LARACHA. A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas vén de licitar no Diario Oficial de Galicia (DOG) as obras da segunda fase de ampliación das redes de saneamento e abastecemento do concello coruñés da Laracha por un importe de 337.840,32 euros.

O Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) financiará o 70% deste proxecto, no marco do Programa operativo Feder Galicia. Por outra banda, a Consellería de Medio Ambiente, a través da Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos (EPOSH), farase cargo do 30% restante.

A actuación beneficiará os veciños das parroquias de Lendo e A Viña, xa que na actualidade abastécense de pozos privados e verten as augas residuais a fosas sépticas. Polo tanto, conseguirase solucionar os problemas de salubridade que leva consigo isto e poñerase solución ás carencias de subministración de auga.

Características do proxecto
Instalarase unha rede de 1.080 metros de lonxitude de 110 mm de diámetro; outra de 437 metros de 75 mm de diámetro e dúas bombas de propulsión e un acumulador de 50 m³. Finalmente, conectarase coa rede de abastecemento de Caión.

En materia de saneamento das augas residuais, ampliarase a rede de colectores existentes con 535 metros de tubaxe e un sistema de impulsión de 207 metros de lonxitude. Isto completarase con dous bombeos que conectarán coa rede existente.

Na parroquia da Viña, será preciso acometer obras iniciais xa que carece tanto de infraestruturas de saneamento como abastecemento. A rede de saneamento farase mediante a instalación de 509 metros de tubaxe de 315 mm de diámetro, ademais dos correspondentes pozos de rexistro. En materia de subministración de auga potable, instalaranse 508 metros de tubaxe por gravidade.

O prazo de execución destas obras será de 4 meses e veranse beneficiados máis de 11.000 habitantes do concello da Laracha, sobre todo os veciños das parroquias de Lendo e A Viña.

Primeira fase
A primeira fase do proxecto de saneamento do Concello da Laracha está rematada, e foi adxudicada o pasado ano por máis de 640.000 euros. O obxectivo desta primeira fase foi a eliminación das verteduras no río Anllóns nas parroquias que non contaban con rede de saneamento; Coiro, Lemaio, Lendo, Lestón e Torás.

As obras, en concreto, consistiron na execución de máis de 7 quilómetros de colectores, 3,5 quilómetros de impulsións e 6 novos bombeos para mobilizar as augas residuais.

¡Deje su comentario!
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2012 • Todos los derechos reservados.
POWERED BY FOLIOePRESS