Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 23 de noviembre de 2018 | Leída 30 veces
CARBALLO

A Orquesta Trébol organiza unha gala para celebrar os seus 70 anos sobre os escenarios

A 1ª Xuntanza de Treboleiros celebrarase o día 6 de decembro no Restaurante Aldeola...

[Img #47224]A Orquesta Trébol cumpre 70 anos e quere celebrar este simbólico aniversario con todos os seus amigos e seguidores nunha gran gala que se celebrará o vindeiro 6 de decembro no Complexo-Restaurante Aldeola de Cerqueda (Malpica). Esta festa de aniversario converterase na 1ª Xuntanza de Treboleiros, da que agardamos poder celebrar moitas edicións máis.

 

A Gala 70 Aniversario comezará ás 14.00 horas cun xantar que inclúe aperitivos (croquetas caseiras, empanada galega, boliñas de melón con xamón e calamares á romana), ameixas á mariñeira, lenguado á prancha, medallóns de solombo ibérico con guarnición, sobremesa caseira e bebidas, todo por un prezo de 25 euros.

 

A 1ª Xuntanza de Treboleiros reunirá a ex-compoñentes da orquestra que desempeñaron un papel moi importante ao longo destes 70 anos. A orquestra tocará os seus grandes éxitos coa colaboración dos artistas convidados, e para que esta Gala 70 Aniversario sexa inesquecible para todos haberá moitísimas sorpresas. Se queredes descubrilas só tedes que anotarvos antes do 3 de decembro chamando aos números de teléfono 626 191 328628 082 407 - 981 720 006.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress