Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 23 de noviembre de 2018 | Leída 15 veces
CAMBRE

Cambre homenaxea aos seus deportistas na Gala do Deporte

20 entidades cambresas e 50 deportistas a nivel individual recibirán un premio pola súa traxectoria anual…

O Concello celebrará hoxe venres día 23 (21.00 horas)  a Gala do Deporte por segundo ano consecutivo. Trátase dun evento que se recuperou o pasado ano tras deixarse de celebrar tras case unha década. Máis de medio centenar de deportistas a nivel individual e unhas 22 entidades locais recibirán un premio pola súa traxectoria deportiva neste 2018.

 

O concelleiro de Deportes, Brais  Cubeiro, sinala que  o goberno local tenta con este  evento de homenaxe a deportistas, clubs e asociacións dar visibilidade e recoñecemento aos deportistas do municipio, entre os que figuran diversos campións nacionais, autonómicos e provinciais e que fan de Cambre un referente no mundo do deporte.

 

 “En Cambre temos unha extraordinaria saúde deportiva grazas a clubs e deportistas que levan o nome do noso Concello con orgullo por todo o mundo”. 

 

Deportistas de elite ou de base, individuais ou membros de equipos locais asistirán o vindeiro venres 23 a unha celebración no Cenador de Cambre, onde a Corporación Mnicipal entregará galardóns a deportistas e representantes de entidades locais en recoñecemento á súa traxectoria e traballo.

 

Entre os galardoados destacan; Ainoha Portos Iglesias, integrante da selección Española de rugby; Inés Pampín, campeona galega de atletismo; Raúl Fernández, jugador perteneciente a la OK Liga de Hockey,; Judith Gallén, integrante do equipo galego de padel; Juan Gutierrez Mosquera, Subcampión de España individual de tenis en cadeira de rodas; Aleksa Strickovic, campeón de xadrez; e David Isaac Iglesias Mosquera, campeón de Tiro (Armas deportivas).

 

Por outra banda, Sofía Toro, a campiona Olímpica e recentemente Subcampiona de España na modalidade 470, recibirá una mención honorífica por su trayectoria deportiva antes de asistir ao campionato do Mundo de clase Olímpica (Dinamarca).

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress