Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 23 de noviembre de 2018 | Leída 12 veces

Aprobado o proxecto de expropiación da totalidade das parcelas que albergan o castro de Montes Claros

Na Xunta de Goberno Local celebrada onte. Investiranse 46.805 euros na adquisición dunha superficie de 29.917 metros cadrados. Recentemente os terreos xa adquiridos foron obxecto dunha intervención para a súa posta en valor...

A Xunta de Goberno Local do Concello da Laracha acordou, na reunión ordinaria celebrada onte, aprobar o expediente de expropiación da totalidade das parcelas que albergan o Castro de Montes Claros.

 

Recentemente o Concello da Laracha xa adquirira por mutuo acordo cos seus propietarios unha superficie de 13.362,96 metros cadrados, investíndose unha cifra próxima aos 20.000 euros. Ese sector que xa é de titularidade pública foi obxecto dunha intervención neste verán dirixida á posta en valor do xacemento e levada a cabo polas brigadas medioambientais municipais e polos voluntarios participantes no campo de traballo.

 

Agora o Concello da Laracha avanza nos trámites necesarios para a compra do resto das parcelas nas que se sitúa o castro. Trátase dunha superficie total de 29.917,01 metros cadrados divididos en seis fincas, ascendendo o valor total do expediente de expropiación aos 46.805,16 euros. Ditos terreos están cualificados no Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) como solo rústico de protección integral do patrimonio, ofrecéndolles deste xeito a máxima protección por tratarse de bens de carácter histórico-artístico.

 

O castro de Montes Claros sitúase entre as parroquias de Vilaño e Cabovilaño a unha altitude de 216 metros. Constitúe o principal sitio arqueolóxico do municipio polo tamaño, visibilidade e monumentalidade que presenta.

 

Coa compra dos terreos do castro o goberno local mostra a súa decidida aposta por adquirir e poñer en valor os principais elementos arqueolóxicos do municipio

 

Por outra parte, salientar tamén que na Xunta de Goberno Local foi concedida unha licenza de obra.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress