Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 23 de noviembre de 2018 | Leída 49 veces

O Concello e Sogama desenvolven nos centros de ensino unha campaña de promoción da reciclaxe

Na Semana Europea de Prevención de Residuos. Obsequiouse ao alumnado de infantil con libros e contos sobre a reciclaxe. Os estudantes de primaria están a asistir a charlas formativas e informativas...

[Img #47222]Con motivo Semana Europea de Prevención de Residuos que se está a celebrar desde o luns e ata o domingo, o Concello da Laracha e Sogama desenvolven nos centros de ensino a campaña Reducir para sumar.

 

Por medio desta iniciativa, todos os alumnos de educación infantil dos CEIP Otero Pedrayo da Laracha, Alfredo Brañas de Paiosaco, Caión e tamén da escola de educación infantil de Cumiáns (Montemaior) foron obsequiados con dous libros centrados na promoción da reciclaxe. Un deles está protagonizado por Os Bolechas e explica accións que se poden realizar para reducir os residuos que se xeran, o correcto emprego do colector amarelo e o funcionamento da planta de Sogama. A outra publicación trátase dun conto infantil sobre a reciclaxe do vidro.

 

No día de onte o tenente alcalde, José Ramón Martínez Barbeito, e a concelleira de Ensino, Patricia Bello, acudiron á EEI de Cumiáns para entregar os libros aos dez alumnos e á mestra do centro.

 

Paralelamente, nos colexios da Laracha, Paiosaco e Caión estanse realizando charlas informativas e formativas impartidas por educadores medioambientales nas que participan alumnos de educación primaria. As sesións céntranse no consumo responsable, na redución da produción dos residuos en orixe –incluíndo o desperdicio alimentario- e o sistema de recollida selectiva.

 

A campaña Reducir para sumar pretende concienciar aos rapaces sobre a importancia da regra das tres “r” da ecoloxía: reducir os residuos que se xeran, reutilizar os obxectos para darlles unha segunda vida útil e reciclar.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress