Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 22 de noviembre de 2018 | Leída 19 veces

O venres celebrarase a 4ª edición da festa da igualdade da Laracha

200 estudantes de 5º e 6º de primaria reuniranse no pavillón do CEIP Otero Pedrayo da Laracha. A principal novidade será a carreira popular Que non te pille o machismo. Realízase no marco do programa municipal de actividades en torno ao Día internacional contra a violencia de xénero...

[Img #47219]

 

No marco do programa municipal en torno ao 25 de novembro, o Día internacional contra a violencia de xénero, este venres desenvolverase a cuarta edición da Festa da Igualdade no pavillón polideportivo do CEIP Otero Pedrayo da Laracha.

 

Formarán parte desta xornada de convivencia todo o alumnado de 5º e 6º de primaria tanto do centro de ensino da capital municipal como do CEIP Alfredo Brañas de Paiosaco e o CEIP de Caión, isto é, en torno a douscentos estudantes. O evento desenvolverase durante toda a mañá e entre as diversas probas e actividades a realizar haberá actividades lúdicas centradas na prevención da violencia e promoción da igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.

 

Como novidade principal, na Festa da Igualdade deste ano realizarase por primeira vez a carreira popular Que non te pille o machismo. En primeiro lugar os escolares agruparanse en parellas mixtas e, estando atados, realizarán un percorrido con saída desde o propio centro de ensino ás 10:00 horas e co primeiro punto de control na biblioteca municipal. Nese lugar recollerán o material dunha proba de lóxica e dedución que deberán ir solucionando durante o camiño de regreso ao colexio. As tres primeiras parellas en chegar á meta coa proba resolta participarán posteriormente nun concurso ao que o resto dos nenos e nenas acudirán como público.

 

Ademais, a xornada culminarase coa entrega dos premios da segunda edición do concurso fotográfico A Laracha enfoca a igualdade. O xurado, formado pola directora do Centro de Información ás Mulleres (CIM) da Laracha e os directores dos tres colexios, escollerá os tres mellores traballos presentados, que terán como premios unha tablet, una cámara GoPro e un lote de libros.

 

Obradoiro participativo

Hoxe mércores realizouse outra das actividades previstas no programa municipal en torno ao 25 de novembro. A Casa da Cultura acolleu o espectáculo Contamos todas da compañía A Tropa de Trapo, no que se mesturaron a narración de historia e a música en directo. A iniciativa foi dirixida ao alumnado de 4º de ESO e 1ª de Bacharelato do IES Agra de Leborís, que posteriormente reflexionaron sobre a igualdade de xénero no obradoiro participativo co que concluíu a actividade.

 

Este evento realizouse coa colaboración do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress