Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 21 de noviembre de 2018 | Leída 21 veces
baloncesto

Crónica Xornada CB Laracha

Senior masculino. Senior femenino…

[Img #47215]

 

Senior masculino

Basket Coruña S 73 - 80 CB Laracha M3


Anotación CB Laracha: Rubén (4), Fran (11, 2 triples), Brais (32, 2 triples), Juancho (7,1 triple), Bruno (4) -Cinco inicial- Diego (2), Abel (5), Carlos (12, 2 triples), Andre, Aitor, Jota (3, 1 triple), Jesús.


Parciais: 17-19, 23-19, 18-21, 15-21


Gran victoria do equipo de Laracha que tivo que competir ata os últimos segundos. No primer cuarto os xogadores de Javier Cotelo empezaron ben en ataque pero tiveron unha serie de erros defensivos que permitiron ao equipo da Coruña manterse a 2 puntos por debaixo.


No segundo cuarto parecía que seguía a mesma tónica que no primer cuarto xa que o Laracha mantiña os erros defensivos, e en ataque non conseguía anotar, isto permitiu que no descanso foran perdendo por 40-38.


Despois do descanso, os laracheses seguían cos ánimos baixos o que permitíu ao Basket Coruña poñerse a 11 puntos por arriba na metade do tercer cuarto. Un tempo morto animou de novo ao equipo visitante que subíu a intensidad tanto defensiva como ofensiva dandolle balóns a Brais que poñían ao equipo por diante novamente, 58-59.


O último cuarto foi unha sucesión de canastas que, finalmente, acabou dándolle a victoria o equipo larachés.


Victoria moi loitada ata o final, a seguir traballando. Parabéns!. O próximo partido será este xoves 22 de Novembro as 21:30 no pavillón do Instituto de Laracha contra Maristas.


[Img #47216]Senior femenino

CB Do Lea 37 – 40 CB Laracha

Anotación CB Laracha: Martina Loureiro (12), Renata González (2), Bibi Díaz (2), Lucía Graña, Jessi Viña (3), Irene Velo (12), Mili Rodríguez (5), Ana Aldao (4).


Parciais: 19-8, 3-8, 6-11, 9-13


As senior se desplazaron a Catro Riberas de Lea na provincia de Lugo, con baixas importantes como a de Lucía Díaz, e Cris Baldomir.


O partido comenzou cun Laracha pouco centrado, a defensa era floxa o que permitiu as luguesas anotar no primeiro cuarto, máis da metade dos puntos do partido. Os ataques das locais eran fluídos e acertados.
O inicio do segundo cuarto parecía que sería similar o anterior, sen embargo as nosas senior apretaron os dentes en defensa e comenzaron a dificultar os ataques do CB Do Lea, facendo que o equipo rival tan só anotara 3 puntos en 10 minutos.


Tras o paso polo descanso, o Laracha seguía acercando distancias gracias a unha gran defensa liderada por Martina, con varios roubos de balóns debilitou a confianza das locais. Esto, sumado a unha decidida Ana Aldao en ataque, con unha das súa canasta conseguíu poñer no marcador un axustado 27-28, que facia creer as larachesas.


No último cuarto, o partido volviuse moi bronco, con duras defensas por parte de ambos equipos. A pesar de esto, as xogadoras de Fran conseguiron manter a calma, e esto viase reflexado en ataques sistémicos que daban bos resultados. O Laracha púxose por encima no marcador; non obstante, as riváis non pensaban entregar o partido, seguiron loitando e aprobeitaron a expulsión por faltas de 2 xogadoras larachesas para apretar nun final de infarto.

 

Finalmente, as nosas guerreiras levaron a 3ª victoria da tempada para casa, colocándose así, nos postos de arriba da clasificación ligueira.


O próximo partido será en Laracha contra Cook Muralla de Lugo. A falta de confirmación, todo apunta que será o próximo domingo 25/11/2018 as 17:00.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress