Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Martes, 20 de noviembre de 2018 | Leída 23 veces

A Xunta pon en marcha de maneira pioneira en España o servizo de quenda de garda psicolóxica para as mulleres vítimas de violencia de xénero e os seus fillos e fillas menores

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella asinou hoxe o convenio de colaboración coa decana do Colexio Oficial de Psicoloxía, Rosa Álvarez. Todas as mulleres que sofran violencia de xénero e os seus fillos e filla sterán atención de carácter inmediata nos momentos posteriores á agresión ou situación violenta. O procedemento de activación comezará cunha chamada ao Teléfono de Información ás Mulleres, que porase en contacto coa persoa da quenda de garda correspondente para garantir a presenza inmediata dun psicólogo ou psicóloga no lugar sinalado polas forzas e corpos de seguridade...

[Img #47207]

 

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella e a decana do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, Rosa Álvarez asinaron o convenio de colaboración para poñer en marcha, de maneira pioneira en España, un servizo de garda psicolóxica especializada e permanente para as mulleres que sofren violencia de xénero e os seus fillos e fillas menores de idade.

 

A secretaria xeral da Igualdade explicou que a atención psicolóxica terá carácter inmediato e prestarase a requirimento das forzas e corpos de seguridade en todos os partidos xudiciais galegos. O procedemento de activación comezará cunha chamada ao Teléfono de Información ás Mulleres, 900 400 273, operativo as 24 horas dos 365 días do ano, que á súa vez porase en contacto coa persoa da quenda de garda correspondente para garantir a presenza inmediata dunha psicóloga ou psicólogo no lugar sinalado polas forzas e corpos de seguridade.

 

O servizo de quenda de garda psicolóxica especializada e permanente para mulleres e os seus fillos e fillas menores que sofren violencia de xénero ten como obxectivo, detectar as necesidades psicolóxicas da persoa en situación de violencia de xénero e facilitar a súa cobertura, previr a posibilidade de vitimización secundaria, buscar a coordinación co resto de operadores que estean a intervir na situación concreta e facilitarlle información sobre os recursos e itinerarios de axuda a disposición das vítimas de violencia de xénero na nosa comunidade.

 

Susana López Abella indicou que esta é unha das medidas que a Xunta vai desenvolver ao abeiro do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, tal e como adiantara o vicepresidente da Xunta na presentación dos orzamentos do seu departamento para o ano que vén. O convenio hoxe contempla unha das medidas aprobadas no Pacto de Estado, como é a necesidade de establecer un sistema de acompañamento e de axuda na toma de decisións á mulleres vítimas da violencia de xénero, co fin de evitar a súa desprotección e garantir o dereito á asistencia social integral.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress