Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Martes, 20 de noviembre de 2018 | Leída 45 veces

O concello de Arteixo ofrecerá un programa de actos destinado a sensibilizar sobre a problemática de violencia de xénero

Ademais de todos os actos que se desenvolven durante esta semana, o concello imparte durante todo o anos talleres en todos os centros educativos do concello, desde a educación infantil ata o bacharelato e formación profesional…

[Img #47205]

 

O concello de Arteixo a tracés do alcalde de Arteixo, Carlos Calvelo,e Inés Ramos, concelleira de Servizos Sociais, presentou un programa de actos desde hoxe martes ata o sábado 24, que comezará coa elaboración de obradoiros que baixo o título Non me contes contos ofrecerá talleres no Centro de Información da Muller e no Centro Social de Meicende. O venres celebrarase no Centro Cívico de Arteixo unha xornada que reunirá as familias interesadas no centro cívico de Arteixo (17:00 – 20:00) coa actuación do grupo musical Cosmos 21 e a lectura do Manifesto da muller, adolescente e nena. O sábado celebrarase a Andaina contra a violencia de Xénero con saída do Anfiteatro de Arteixo as dez da mañá. O sábado celebrarase o Rally Solidario Arteixo contra a violencia de xénero, que se iniciará as 16.30 da praza do Balneario.

 

O concello de Arteixo ofrece tamén durante todo o ano talleres educativos destinados a prevenir a violencia de xénero entre todos os escolares do municipio, que suman 3.901 se se suman todos os niveis: desde a educación infantil ata o bacharelato e formación profesional. Os talleres son diferentes segundo a idade dos escolares dos centros onde se impartan. Así, os nenos máis pequenos reciben a información en forma de contacontos mentres que a medida que aumente a idade dos receptores utilizaranse outro tipo de continentes de cara a sensibilizar os escolares para que poidan identificar as situacións que dentro das relacións de parella poden desembocar en situacións de violencia. Os talleres estarán superrvisados e organizados polo Centro de Información da Muller do concello de Arteixo, que está aberto permanentemente para atender as víctimas da violencia de xénero e, paralelamente, organiza actividades de cara a sensibilizar a población sobre esta lacra.

 

Datos de violencia de xénero

O número de persoas atendidas no CIM de Arteixo cunha problemática de violencia de xénero no 2017 ascendeu a 30 mulleres mentres que outras 24 denunciaron directamente a Guardia Civil, o cal sumaría un total de 54. En total, os casos activos suman 84, aínda que aquí súmanse os casos que se arrastran de anos anteriores.

Asimesmo o municipio impulsa unha mesa de coordinación policial na que se establecen os diversos grados de risco que teñen as distintas vítimas de violencia de xénero e se establece o correspondente grado de vixilancia.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress