Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Lunes, 19 de noviembre de 2018 | Leída 15 veces
Deputación da Coruña

Os "Cortegadaos" de Cortegada e "Pequenos Besbellos" de Pontevedra gañan o Quero Cantar da Deputación da Coruña

O grupo Os Cortegadaos coa canción "Eu quero ser árbore" en infantil e Pequenos Besbellos de Pontevedra con "Faite respectar" son as bandas gañadoras da terceira edición do Quero Cantar da Deputación da Coruña. A vicepresidenta e responsábel das áreas de Cultura e Lingua, Goretti Sanmartín Rei, destacou o altísimo nivel dos grupos presentados nas dúas categorías...

[Img #47192]

 

No Teatro Colón da Coruña viviuse unha xornada intensa e emocionante coa gala final do Quero Cantar da Deputación da Coruña. Tres bandas infantís e tres xuvenís optaban aos premios do concurso musical con seis cancións que foran seleccionadas xa do total das presentadas por un xurado profesional que valorou a alta calidade das pezas.

 

Despois das actuacións, o xurado decidiu que o primeiro posto na modalidade infantil fora para Os Cortegadaos, de Cortegada, coa canción "Eu quero ser unha árbore". O segundo premio gañárono Os Calistos de Teo con "A Princesa Azul" e o terceiro foi para As fantásticas de Fisterra con "Blues do faro".

 

En canto á modalidade xuvenil, o primeiro premio recaeu no grupo Pequenos Besbellos de Pontevedra con "Faite respectar", o segundo foi para Noa de Vila de Cruces con "Agora son eu" e o terceiro para a banda de mozas Enxebres, tamén de Vila de Cruces, con "Sempre combativa".

 

"O nivel das cancións foi altísimo e, do que temos certeza, é de que participar no Quero Cantar é unha experiencia única coa que gozan todas as nenas e nenos, unha festa que cada ano sorprende máis", sinalou Goretti Sanmartín na súa intervención na que apostou por "cantar en galego con normalidade, que é o obxectivo deste certame".

 

O grupo Os Cortegadaos apostou en "Eu quero ser unha árbore" por unha canción en que defendían a necesidade de ter "os pés na terra" e a "cabeza no aire" mentres Pequenos Besbellos de Pontevedra fixeron un alegato contra o acoso escolar. Os temas de compromiso social foi protagonista de boa parte das cancións presentadas polos grupos do Quero Cantar e, de maneira especial, a defensa de igualdade e a denuncia do machismo apareceu con forza en temas como "A Princesa Azul" de Os Calistos de Teo, "Agora son eu" de Noa ou "Sempre combativa" de Enxebres de Vila de Cruces.

 

Cun Teatro Colón completo, a gala final comezou coa intervención da banda María Fumaça que cantou algún dos seus emblemáticos temas  e contou coa presentación, a ritmo de regueifa, de Alba María.

 

Cortegadaos e Pequenos Besbellos toman o relevo de Os nenos da vella con "Quero xogar" e Máis boas cás patacas con "Son muller", dous temas que supuxeron un importante pulo para o concurso porque conseguiron que centos de nenos e nenas aprenderan as letras e cantaran dúas cancións que foron interpretadas ao vivo en concertos e programas televisivos.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress