Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Sábado, 17 de noviembre de 2018 | Leída 16 veces

O domingo rematará a votación da consulta popular para renomear ou bautizar 36 rúas e unha praza pública

Situadas nos núcleos urbanos da Laracha, Paiosaco e Caión. Nalgúns casos hai dúas propostas para escoller e noutros a consulta é de aceptación ou rexeitamento do acordo unánime da Xunta de Portavoces. Poden participar na votación ata o domingo 18 todas as persoas empadroadas no municipio e maiores de idade...

[Img #47181]

 

Na media noite do domingo rematará o prazo para participar na consulta popular que o Concello da Laracha realiza para bautizar por primeira vez ou renomear un total de trinta e seis rúas e unha praza pública situadas nos núcleos urbanos da Laracha, Paiosaco e de Caión.

 

Esta ampla renovación dos rueiros das tres vilas está orixinada por diversos motivos, xa que certas vías carecen de nome, outras poden levar a confusión ao coincidir co topónimo de lugares ou parroquias do termo municipal, noutras darase ás agora coñecidas como travesías a condición de rúa e nun caso o cambio faise para dar cumprimento á Lei de Memoria Histórica.

 

Poden formar parte do cuestionario todas as persoas empadroadas no termo municipal da Laracha e que teñen máis de dezaoito anos de idade. Na web municipal pódese acceder ás ligazóns co cuestionario das votacións, un mapa para situar cada rúa e praza obxecto da consulta popular e un documento explicativo sobre as diferentes opcións propostas.

 

O cuestionario está estruturado en tres apartados. O primeiro deles inclúe doce rúas nas que se propón dúas opcións distintas para votar. O segundo apartado é tipo referéndum (Si ou Non) sobre a aceptación ou rexeitamento dos nomes propostos pola Xunta de Portavoces. Por último, na terceira sección pódese votar polo cambio ou mantemento do nome da rúa San Martiño de Paiosaco, que podería levar a confusión ao coincidir co topónimo dun lugar da parroquia de Lestón.

 

A previsión é elevar ao Pleno ordinario do mes de novembro (que se celebrará o xoves día 29) os cambios nos rueiros en base aos resultados desta consulta popular. Farase xunto a outros seis nomes que se incorporan ao rueiro sen ser obxecto de votación, como son o paseo marítimo de Caión e a praza da Ribeira de Caión e, na Laracha, as prazas do Concello, O Recreo, Praza da Cultura (xunto á Casa da Cultura) e Praza Olonne sur Mer (aparcamento fronte á biblioteca e o IES Agra de Leborís).

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress