Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 16 de noviembre de 2018 | Leída 22 veces

Galicia conta coa primeira circular de boas prácticas para axilizar a apertura de estacións de servizo e incrementar a competencia para reducir o prezo dos carburantes

Feijóo lembra que a guía remitirase a todos os concellos galegos para que poñan en marcha estas recomendacións. Destaca que o actual rexistro de estacións de servizo de carácter autorizativo pasará a ser declarativo, o que permitirá axilizar o proceso...

[Img #47180]

 

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou onte na rolda de prensa do Consello que Galicia conta coa primeira circular de boas prácticas para axilizar a apertura de estacións de servizo e incrementar a competencia no sector para que reduza o prezo dos carburantes.

 

Logo de subliñar que o documento segue as recomendacións da Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC) e da Comisión Galega da Competencia, Feijóo precisou que o texto recompila recomendacións tanto no eido municipal como no autonómico para eliminar os obstáculos para a apertura de estacións de servizo.

 

Así, e con respecto ao eido municipal, o presidente da Xunta destacou algúns dos puntos que se especifican: que os usos do chan para actividades comerciais e industriais son compatibles coa instalación de gasolineiras; que os centros comerciais e polígonos industriais poderán incorporar, polo menos, unha estación de servizo; que o outorgamento de licenzas municipais para estes establecementos comerciais levará implícita a concesión das que fosen necesarias para a instalación de subministración de produtos petrolíferos; recolle a necesidade de resolver os expedientes con celeridade; ou especifica que a normativa municipal non debe contradicir a Lei do sector de hidrocarburos.

 

En relación ao eido autonómico, o titular da Xunta explicou que o documento recomenda substituír o actual rexistro de estacións de servizo de carácter autorizativo por un declarativo, a través da comunicación previa; revisar o procedemento integrado para mellorar o seu funcionamento; refundir nunha soa norma o procedemento integrado e o de rexistro; e extremar a dilixencia na tramitación.

 

Na mesma liña, e para dar cumprimento a estes obxectivos, Feijóo avanzou tamén a autorización no Consello de hoxe do inicio da tramitación do decreto polo que se regula o procedemento integrado para a implantación de instalacións de distribución polo miúdo de produtos petrolíferos e o seu rexistro.

 

A principal novidade que incorpora é no tocante ao sistema para figurar no rexistro, que agora será a través da comunicación previa. Desta forma, pasará a ter carácter declarativo, tal e como recomenda a circular, o que permitirá axilizar o proceso.

 

Cómpre salientar que a guía remitirase a todos os concellos galegos para que poñan en marcha estas recomendacións co obxectivo de facilitar a apertura de estacións de servizo eliminando todos os obstáculos detectados nos últimos anos.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress