Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 15 de noviembre de 2018 | Leída 12 veces
ARTEIXO

A axenda do Outono Cultural continúa con cine e teatro

Este venres, 16 de novembro contamos con dúas propostas dentro da programación do Outono Cultural 2018...

[Img #47158]

 

Ás 20:00 h proxectarase “Os fenómenos” no Auditorio de Meicende, unha produción galega protagonizada por Lola Dueñas e Luis Tosar. O filme relata as vivencias de Neneta, unha muller que vive desde fai tres anos nunha furgoneta aparcada na costa de Almería. Tras ser abandonada pola súa parella, decide mudarse co seu fillo á súa terra natal, Ferrol, onde atopa traballo como peón de obra. Paso a paso, coa xente do montón como protagonistas, Os fenómenos, segunda película de ficción de Alfonso Zarauza, fai un recordatorio polo ascenso e caída dun modelo, o do ladrillazo. A entrada será con invitación que se poderá recoller na conserxería do CSC de Meicende 1 h antes da proxección.

 

Ás 20:45 h, no Auditorio de Arteixo, teremos a Elefante Elegante con Tropical. Desde a ironía e o absurdo, Tropical reflicte situacións que se están a producir non moi lonxe do noso recuncho de calma e tranquilidade. Na terra, paisaxes de guerras e muros. No mar, infinitas historias, desexos e soños que se cruzan. Ao ritmo das ondas, este barco convida a subir a bordo para navegar o presente cunha nova mirada.

 

Cunha linguaxe visual asentada na imaxe, no movemento, na música e na danza, Tropical é a procura da poética da viaxe desde unha Europa que naufraga no Mediterráneo. A venda de entradas (4 e 3 €) será o 16 de novembro en horario de 11:30-13:30 h e 2 h antes da función.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress