Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 15 de noviembre de 2018 | Leída 12 veces
ARTEIXO

Mostra fotográfica do premiado Marcos Rodríguez

“Miradas de marfil” do 9 de novembro até o 7 de decembro na sala de exposicións do Centro Cívico Cultural de Arteixo...

[Img #47157]

 

En 2017 viaxei coa ONG Égueire á Costa de Marfil no que considero a miña viaxe máis emotiva ata a data", recoñece Marcos Rodríguez. Acompañou á ONG, que cumpría o seu décimo aniversario, nun dos seus proxectos de cooperación. Durante dúas semanas empregou a súa técnica como mestre fotógrafo multipremiado e, sobre todo, o seu corazón, para traer de volta un gran tesouro: oito mil instantáneas que plasman, de forma fermosa pero con toda a súa crueza, como é a vida dos seus habitantes. A síntese de todos eses sentimentos e emocións son as 31 fotografías que compoñen a colección “Miradas de Marfil”, exposición de imprescindible visita en Arteixo.

 

A exposición estará aberta ao público até o 7 de decembro na sala de exposicións do CCC de Arteixo. A mostra é gratuíta, pero as copias destas imaxes poden ser adquiridas a uns módico prezos, ingresos que financiarán o labor solidario da ONG Égueire.

 

Marcos Rodríguez

O carballés Marcos Rodríguez leva desde 2009 exercendo como profesional da fotografía. Sendo distinguido pola Federación Española de Fotografía (FEPFI), a cámara de Marcos foi obtendo co paso dos anos unha gran repercusión nacional e internacional, proba disto son os numerosos premios e recoñecementos que ten o seu currículum. Cabe destacar "A Medalla de Prata" no Mundial de Fotografía (WPC, World Photographic Cup) celebrado en Montpellier (Francia) en 2015, ao igual que o "Cámara de Ouro" que lle outorga o título de "Mellor fotógrafo europeo do ano en reportaxe gráfica 2017" recibido en Catania (Sicilia). Galardón que revalidou recentemente en Bray (Irlanda) proclamándose "Mellor fotógrafo europeo do ano 2018 en reportaxe gráfica".

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress