Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 15 de noviembre de 2018 | Leída 9 veces
A LARACHA

O servidor de dous amos, de talía teatro, segunda función dos “venres teatrais”

Este venres a partir das 21:00 horas na Casa da Cultura da Laracha. Dirixida a maiores de 13 anos de idade. Entrada libre e gratuíta...

[Img #47156]

 

Os “Venres Teatrais” da Laracha continúan nesta semana coa segunda das catro funcións programadas. A compañía ceense Talía Teatro trae á Laracha o seu último espectáculo: O servidor de dous amos.

 

Trátase da revisión galega do referente por excelencia da Commedia dell’Arte, o teatro popular italiano xurdido no século XVI. Cun elenco de luxo (Xurxo Barcala, Toño Casais, Marta Lado, María Ordóñez, Diego Rey, Marta Ríos, Artur Trillo e Dani Trillo), a peza respecta o ritmo, a comedia e o humor da peza orixinal, pero tamén incorporando novas fórmulas de teatralidade.

 

O espectáculo, que é recomendado para persoas maiores de 13 anos de idade, será na Casa da Cultura da Laracha este venres a partir das 21:00 horas. A entrada é libre e gratuíta.

 

Os Venres Teatrais continuarán nas próximas semanas, coa seguinte relación de datas e actuacións:

 

  • Día 23: Fillos do sol, de Contraproduccións.
  • Día 30: Nacidas libres, Contraproduccións.

 

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress