Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 14 de noviembre de 2018 | Leída 23 veces
baloncesto

Crónica xornada CB Laracha

Senior Femenino. Junior Femenino...

[Img #47150]

 

Senior Femenino

C.B. Laracha 41 - 82 Ensino Lugo



Anotacións: Jessi Viña (4), Mili Rodríguez, Lucía Díaz (10, 2 triples), Bibi Díaz (2), Helena Bello, Lucía Graña, Criss Baldomir, Ana Aldao, Martina Loureiro (15), Irene Velo (10, 2 triples)


Parciais: 12-20, 6-27; 10-17, 13-18


Cuarto encontro da tempada para as nosas senior contra o equipo que se mantén invicto na táboa, e que se propón como un dos candidatos a gañar a Liga.


O partido comezaba con unhas lucenses moi cómodas en ataque, sobre todo dentro da pintura, e unhas larachesas con un ritmo lento fronte ao duro rival. Durante os dous primeiros cuartos a dinámica foi similar, con unhas locais pouco acertadas en tiro a pesar de conseguir entrar ata a canasta en varias ocasións e ter tiros liberados dentro da liña de tres; e unhas visitantes que conseguían diferenciarse no marcador gracias ao xogo interior realizado por unha pivot á que as nosas xogadores tiñan problemas para defender, aos tiros exteriores da súa base, e a rápidos contrataques aprobeitando o dexasuste no balance defensivo das nosas azuis. Chegábase así ao descando deste encontro con un marcador de 18-47.


Tras o paso polos vestiarios as senior encabezadas por Fran e Mónica apretaban moito máis o ritmo de xogo e plantexaban unha defensa que poñía en apreto ás visitantes, chegando a anular por momenots o xogo interior e dificultando moito o seu tiro exterior, o que obligou ás lucenses a facer circular o balón e rematar con ataques máis precipitados. Así, as locais conseguían varios roubos de balón e ataques rápidos que, da man de Martina e Irene, axudaron a recortar un pouco as distancias e manter un bo ritmo de partido.


Felicitar ás nosas senior por non baixar o ritmo fronte un rival superior, e ás junior que nos acompañaron tendo que xogar o seu propio encontro de seguido.


O próximo partido será o sábado 17 de Novembro en Castro Riberas de Lea contra C.B. do Lea. O horario está por confirmar


 

Junior Femenino

C.B. Laracha 22 - 107 Basquet Coruña.

 

Anotacións: Carla (2), Helena (2), Lucía T., Laura (10), Ana (8), Alejandra e María.

 

Parciais: 2-22, 6-32, 6-33, 8-20.

 

Terceiro partido da tempada das nosas junior onde se enfrentaban ao equipo Basquet Coruña na Laracha.

 

O encontro comezaba cun tímido tanteo por parte de ambos conxuntos, chegando a mediados do primeiro cuarto cun resultado de 2-6. Non obstante, tanto a presión a todo o campo como a defensa zonal das visitantes acompañadas dun extraordinario tiro exterior, reflexarían a partir deste momento as primeiras distancias no marcador as cales as nosas junior, non conseguirían reducir rematando o primeiro parcial cun 2-22.

 

No segundo cuarto, as larachesas non conseguían frear a un Basquet Coruña máis rodado tanto táctica como físicamente que lograban crear vantaxes con facilidade ante a alternancia defensiva (individual e zona) das locais levando o partido aos vestiários cun 8-54.

 

Co partido xa resolto, as nosas junior non baixaban os brazos e seguían esforzándose en cada defensa e intentando elaborar cada ataque pese a dificultade pola insistente presión das visitantes. O resultado de este parcial sería 6-33.

 

O último cuarto seguiría a tónica dos anteriores cun Laracha xa desfondado pola falta de efectivos e coa baixa de Estela. Aínda así, as nosas xogadoras mantiveron as ganas ata o final do partido que remataba cun resultado de 22-107.

 

Moito ánimo para as nosas junior e noraboa polo traballo e esforzo ante un rival superior!

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress