Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Martes, 13 de noviembre de 2018 | Leída 13 veces
Deputación da Coruña

María Fumaça é a banda convidada na gala final do certame Quero Cantar

O Teatro Colón acolle este sábado a festa do concurso musical infantil e xuvenil da Deputación da Coruña…

[Img #47144]

 

A banda María Fumaça, capitaneada por Uxía, será a convidada este sábado na gala final do Quero Cantar en que se decidirán os grupos gañadores na modalidade de infantil e xuvenil da terceira edición do certame musical da Deputación da Coruña. Xa se poden reservar as entradas ou recoller na Coruña.

 

O teatro Colón da Coruña acollerá o vindeiro sábado a partir das 18:00 horas a gala final do III Certame de música infantil e xuvenil Quero Cantar, que convoca a área de Cultura da Deputación da Coruña.

 

A coñecida banda Maria Fumaça dará inicio á festa interpretando as cancións que máis populares se fixeron nos últimos anos entre as nenas e os nenos galegos, para dar paso despois á actuación das seis bandas finalistas do certame.

 

O concurso propiamente dito comezará coas interpretacións das bandas infantís Cortegadaos, do concello de Cortegada, coa canción "Eu quero ser unha árbore"; As fantásticas, de Fisterra, coa canción "O blues do faro" e Os Calistos, de Teo, coa canción "A princesa azul", todas elas formadas por rapazada de ata 12 anos, coa colaboración dunha persoa adulta nalgúns casos.

 

Tras elas será a quenda das bandas xuvenís Pequenos Besbellos, de Pontevedra, con "Faite respectar"; Noa, de Vila de Cruces, con "Agora son eu" e Enxebres, tamén de Vila de Cruces con "Sempre combativa", formadas por mozas e mozos de entre 13 e 16 anos.

 

Unha vez rematada a intervención destas seis bandas, Maria Fumaça volverá ao escenario para continuar tocando mentres o xurado delibera e determina as posicións que outorga ás bandas en cada categoría.

 

Xa se poden reservar as entradas

As entradas para o evento son gratuítas e poden recollerse anticipadamente no quiosco da praza de Ourense, na Coruña; tamén na billeteira do propio teatro, unha hora antes do inicio do espectáculo, ou ben poden reservarse a través do enderezo electrónico querocantar@querocantar.gal

 

"O pasado ano a gala final foi unha verdadeira festa e os grupo gañadores "Os nenos da rúa" e "Máis boas cás patacas" foron toda unha revelación con dúas cancións que pegaron moi forte entre a xente nova co cal este ano temos moitas expectativas", sinala Goretti Sanmartín Rei, vicepresidenta e responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín Rei. Destaca tamén o interese do programa "á hora de animar á mocidade e a nenas e nenos a emrpegar a nosa lingua a través da canción", sinalou ao tempo que animou a participar na gala final que terá lugar este sábado no Teatro Colón da Coruña.

 

Todas as bandas concursantes teñen xa asegurado un premio, que pode ser de 1500 euros e mais un videoclip para as primeiras clasificadas, 1000 euros para as segundas e 500 euros para as terceiras. Todas elas teñen dereito ademais á gravación en estudio da súa maqueta, para incluíren despois o tema no disco Quero Cantar 18 que se ha distribuír entre centros de ensino de toda Galicia.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress