Jueves, 9 septiembre 2010

Un operativo contra o furtivismo na ría do Burgo sáldase con 5 persoas identificadas e coa incautación dunha embarcación e varios útiles

Enviar por email

Os Gardacostas realizaron este operativo en colaboración coa Policía Autonómica a Garda Civil do Posto de Oleiros e o Servizo Marítimo da Garda Civil...


Axentes de Gardacostas da Consellería do Mar realizaron durante a madrugada de onte un operativo contra o furtivismo na Ría do Burgo que se saldou coa identificación de 5 persoas e coa incautación dunha embarcación e varios útiles. Esta operación foi realizada en colaboración coa Unidade de Policía adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia (UPA), a Garda Civil do Posto de Oleiros e o Servizo Marítimo da Garda Civil.

Os axentes empregaron neste operativo as embarcacións de Gardacostas IP303 Illa de Vionda, irmáns García Nodal e dúas embarcacións auxiliares e incautaron, ademais da embarcación, 4 pranchas de porexpán, 2 cubos, 2 forquitas, un rastrillo, un raño, unha lanterna e un sacho. Ademais comisaron 13 quilos de ameixa babosa e 3 quilos de berberecho que foron resembrados na zona e levantaron as respectivas actas de infracción ás 5 persoas identificadas .

A realización de operativos conxuntos coma este é un dos compromisos que adquiriu a Consellería trala celebración da Mesa do Burgo, na que se redefiniu a estratexia deste plan de xeito consensuado coa Confraría da Coruña.

Cabe destacar que no período comprendido entre a celebración Mesa do Burgo, a finais de novembro ata hoxe a Ría do Burgo foi a zona que máis operativos especiais concentrou con 33, que deron como resultado 205 persoas identificadas e a aprehensión de máis de 750 aparellos e máis de 2.000 quilos de diversas especies.

¡Deje su comentario!
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2012 • Todos los derechos reservados.
POWERED BY FOLIOePRESS