Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Sábado, 10 de noviembre de 2018 | Leída 14 veces
Deputación da Coruña

A Deputación destina 1,1 millóns para apoiar a 109 empresas de recente creación a través do programa PEL-Emprende

Ante a gran demanda das subvencións, que rexistrou 1.300 solicitudes, González Formoso anuncia que esta liña do PEL duplicará o seu orzamento en 2019. As subvencións, entre os 1.500 e os 20.000 euros están destinadas a autónomos e emprendedores/as con menos de cinco anos de traxectoria. As empresas lideradas por mulleres obteñen o 65% das axudas...

[Img #47120]

 

A Deputación da Coruña publicou onte no Boletín Oficial da Provincia a listaxe das 109 empresas e autónomos/as beneficiarios/as das axudas da liña PEL- Emprende Investimento, enmarcadas no Plan de Emprego Local (PEL) e destinadas a consolidar e fortalecer o tecido empresarial da provincia da Coruña a través do apoio ao investimento en bens inventariables directamente relacionados coa actividade que desenvolven.

 

Con esta liña de subvencións, o PEL permitirá que 109 empresas de recente creación invistan un total de 1.154.411,10 € na adquisición de aplicacións informáticas, maquinaria, utillaxe, mobiliario e equipos para procesos de información necesarios para o desenvolvemento dos seus proxectos empresariais.

 

As axudas están destinadas a empresas con menos de cinco anos de antigüedade da provincia da Coruña, que reciben ata 20.000 euros a través deste programa.

 

PEL Emprende duplicará o seu orzamento en 2019

O presidente  da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, apuntou que esta liña do Plan de Emprego Local (PEL) "contribuirá a consolidar e modernizar o tecido empresarial da provincia, facéndoo máis competitivo e permitindo o desenvolvemento de proxectos emprendedores que empezan de xeito moi modesto, pero que en poucos anos poden chegar a consolidarse e ser referencia no seu sector".

 

Ante a gran demanda das subvencións, que rexistrou preto de 1.300 solicitudes, González Formoso anunciou que o goberno provincial decidiu inxectar 1 millón de euros máis na vindeira convocatoria  2019 desta liña, que contará cun orzamento de 2,1 millóns, co obxecto de reforzar o programa e chegar a máis empresas da provincia. 

 

As empresas lideradas por mulleres obteñen o 65% das axudas

No programa de axudas de PEL- Emprende Investimento 2018, destaca o apoio a inciativas empresariais lideradas por mulleres, cun total de 71 axudas concedidas, que representan o 65,14% do total . Así, 683.431,21€ destínanse a empresas onde a presenza de mulleres na súa dirección e xestión é maioritaria.

 

En xeral destaca que a meirande parte das solicitudes concedidas irán destinadas a investimentos no sector do asesoramento empresarial e consultaría (14%), seguido polos servizos persoais, de saúde e benestar (13%) onde destacan as actividades de servizos sociais para persoas con discapacidade así como atención sociosanitaria. No sector da construción (7%) cabe destacar a aposta pola economía circular a través do reciclaxe dos residuos e a reutilización dos produtos sobrantes.

 

En canto á distribución das axudas por concellos, un total de 76 empresas, é dicir, case o 70% do total das empresas que reciben axuda económica con cargo a esta liña, teñen o seu centro de traballo en 40 concellos de menos de 20.000 habitantes, entre as que se distribuirán 739.071,44 €, o que supón preto do 64% do orzamento concedido.

 

Das 76 solicitudes concedidas a empresas de concellos de menos de 20.000 habitantes, 7 proceden do concello de Bergondo e 5 dos concellos de Cee e Noia, respectivamente.

 

No referente á distribución por comarcas das solicitudes concedidas, o 20,18% das solicitudes concedidas nesta liña de axudas procede da comarca de Santiago, que acada un financiamento de 281.161,92 euros, e da comarca da Coruña, con 268.181,57 euros, seguidas da comarca de Ferrol cun 11,93 %, e  cun importe total de axudas concedido de 135.138,45 euros.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress