Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 9 de noviembre de 2018 | Leída 100 veces

Activada a alerta laranxa por vento, choiva e temporal costeiro que afectará ás provincias de Lugo, A Coruña e Pontevedra

Lémbrase a necesidade de extremar as precaucións, seguir as medidas de protección pertinentes e consultar a web www.112galicia.org. Por mor do temporal costeiro, aconséllase a suspensión das actividades pesqueiras e marisqueiras como medida preventiva naquelas zonas máis perigosas. A Consellería de Educación suspende as actividades no exterior dos centros desde as 12 horas nas zonas de predición meteorolóxica de noroeste da Coruña e a Mariña...

[Img #47118]

 

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta vén de activar a alerta laranxa por temporal costeiro, por vento e por choiva nas provincias de Lugo, A Coruña e Pontevedra.

Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), a partir de onte pola noite esperase mar combinada con ondas que poderán superar os 6 metros e vento en mar de forza 7-8. Afectará ao litoral do oeste e noroeste da provincia da Coruña.


A partir das 9:00 horas de mañá, actívase tamén a alerta laranxa por choiva. Estímase que poden chegar a acumularse 80mm en 12 horas, no oeste e suroeste da provincia da Coruña; no interior e nas Rías Baixas, na provincia de Pontevedra. 


Así mesmo, estas precipitacións virán acompañadas de fortes ventos, e a partir das 12 horas, poderá haber refachos de máis de 100 qm/h no noroeste da Coruña e na Mariña de Lugo.

 

Suspensión actividades extraescolares

Por mor desta alerta, a Comisión Escolar de Alertas tomou a decisión de suspender mhoxe, a partir das 12:00 horas do venres día 9 ata as 00:00 horas do día 10, as actividades no exterior dos centros educativos das zonas de predición meteorolóxica de noroeste da Coruña e a Mariña.

 

En calquera caso, a Comisión decidiu que se manteña a actividade lectiva así como o transporte escolar en todos os centros educativos de Galicia. Aínda así, e como é habitual nestas circunstancias, no caso de que a situación meteorolóxica supuxese un risco superior ao declarado, os directores poderán adoptar as decisións oportunas a este respecto.

 

A listaxe de concellos incluídos en cada zona climática pode consultarse na páxina web de Meteogalicia http://www.meteogalicia.gal/datosred/infoweb/meteo/docs/adversos/DefinicionZonasAdversos_gl.pdf.

 

Recomendacións no mar

Por mor do temporal costeiro, desde a Consellería do Mar aconséllase a suspensión das actividades pesqueiras e marisqueiras como medida preventiva naquelas zonas máis perigosas. Tamén se recomenda que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións.

 

Tamén os peiraos constitúen espazos de risco ante a alerta por fenómenos meteorolóxicos adversos. Nestes entornos, débense evitar os percorridos polas instalacións portuarias en especial en zonas de especial perigo como diques de abrigo, espaldóns, escolleras, escaleiras de acceso aos diques e peiraos, entre outros. Do mesmo xeito, débense evitar percorridos en vehículos preto dos peiraos así como aparcar nos portos, na medida do posible.

 

É recomendable, ademais, non pasear preto dos bordos litorais, paseos marítimos e zonas próximas ao mar, sobre todo nas batidas polo vento. Tamén se recomenda non camiñar polas proximidades dos edificios portuarios, guindastres fixos ou automotor, así como, noutras edificacións que pola súas características construtivas poidan sufrir desprendementos nas súas estruturas exteriores tales como cubertas metálicas.

 

Todos os medios do Servizo de Gardacostas de Galicia estarán en alerta para calquera incidencia que se poida producir a causa deste fenómeno meteorolóxico adverso. Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress