Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 9 de noviembre de 2018 | Leída 15 veces
ARTEIXO

O actor César Goldi contaranos este venres a súa experiencia no cárcere por insubmiso

No Auditorio de Arteixo, ás 20:45 h deste venres 9 de novembro, poderemos aprezar un traballo teatral feito a partir da experiencia persoal e o testemuño do actor galego que foi xulgado en 1993 e condenado a 2 anos, 4 meses e 1 día de prisión por negarse a realizar tanto o servizo militar como a prestación social substitutoria, cumprindo condena no cárcere da Coruña...

[Img #47117]

 

Goldi libre! é un traballo de teatro documento sobre o movemento de insubmisión, un dos primeiros e máis fortes movementos de desobediencia civil xurdidos despois da Transición en España, que levou a centos de xoves ao cárcere como presos de conciencia e que tivo como consecuencia inmediata a suspensión do servizo militar obrigatorio despois de máis de 150 anos de vixencia.

 

Goldi libre é o primeiro proxecto que xorde da Berberecheira, un criadeiro teatral promovido e custodiado por Chévere (Premio Nacional de Teatro) en Teo co obxectivo de ampliar a documentación escénica de feitos e historias que conformaron e seguen dando forma ao mundo no que nos tocou vivir. Unha sorte de laboratorio de creación escénica.

 

Goldi libre é unha peza unipersoal, pero é moito máis ca un monólogo. É unha obra que sorprende, que transita con naturalidade por numerosos soportes e formatos: teatro radiofónico, comedia, stand-up, musical, testemuño, performance, relato científico...

 

Goldi libre ofrece un interesante aproveitamento para a mocidade, unha forma de coñecer a historia recente de España e os movementos promovidos polos máis novos durante o Réxime do 78. Ao final o actor ofrécese a manter unha charla coloquio cos asistentes

 

A venda de entradas (3 e 2,25 €) realizarase mañá, día da función, en horario de 11:30-13:30 h e 2 h antes da actuación.

 

Os asistentes tamén poderán contemplar as fotografías de Marcos Rodríguez recollidas baixo o título “Miradas de marfil”, que permanecerán expostas ata o día 7 de decembro na Sala de Exposicións do CCC. Unha trintena de instantáneas tomadas na súa última viaxe a Costa de Marfil xunto coa ONG Égueire de Cooperación Exterior Internacional que poñen a súa mirada sobre a infancia como fío condutor da mostra.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress