Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 9 de noviembre de 2018 | Leída 35 veces

O concello de Arteixo e a Xunta entregan os diplomas os alumnos do Plan Integrado de Emprego

53 dos 85 alumnos encontraron emprego a través de este plan de formación…

[Img #47116]

 

A Xunta de Galicia, a través da presencia do director xeral Alfonso Marnotes e o concello de Arteixo, representado pola concelleira de Promoción Económica Patricia Amado, entregaron hoxe os diplomas correspondentes os cursos homologados de formación do Plan Integrado de Emprego de Arteixo. Os cursos comezarán  en xaneiro, e o ano pasado e máis do 60% dos parados que o fixeron acabaron encontrando traballo. Concretamente, poucos días despois da súa finalización 53 dos 85 participantes tiñan emprego.

 

Este Programa, cofinanciado pola Consellaría de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, o Servizo Público de Emprego Estatal e o Concello de Arteixo, ten por obxecto á mellora da ocupabilidade e a inserción laboral das persoas traballadoras en situación de desemprego, mediante a realización das seguintes accións formativas:

 

  • Caixeiro/repoñedor/almacén,
  • Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais,
  • Operacións auxiliares de cociña e restaurante-bar,
  • Monitor de tempo libre, comedor e transporte escolar.

 

Así mesmo, durante todo o Plan, realizaranse accións de formación transversal, tales como: prevención de riscos laborais, marca persoal, emprego 2.0, manipulador de alimentos e pescado, prácticas laborais, fomento do emprendemento, orientación laboral e rede Eures.

 

As persoas desempregadas beneficiarias deste Programa son

  • Persoas perceptoras de prestacións ou subsidios de desemprego.
  • Maiores de 45 anos.
  • Mulleres.
  • Menores de 30 anos.

 

O programa ten por obxecto á mellora da ocupabilidade e á inserción laboral das persoas traballadores en situación de desemprego, mediante a posta en marcha dun plan integral que combina accións de información, orientación, asesoramento, formación, práctica laboral, prospección de empresas e intermediación laboral.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress