Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 9 de noviembre de 2018 | Leída 8 veces
CAMBRE

Cambre comeza a campaña “Cambre en negro: en negro contra as violencias”

O obxectivo este ano é chegar ás 300 adscripcións e introducirnos máis na zona rural de Cambre…

O Concello de Cambre vén de adherirse un ano máis á campaña de sensibilización social “Cambre en negro: en negro contra as violencias”. Xa son 102 entidades locais de toda Galicia que durante a segunda quincena do mes de novembro tinguiremos de negro o noso municipio. Para iso, o Concello fai un chamamento ao tecido empresarial, comercio local, o asociacionismo, os centros educativos e da sociedade en xeral.

 

Con esta campaña trátase de sensibilizar á poboación sobre as violencias machistas e entendemos que traballando do mesmo xeito en toda Galicia conseguiremos unificar a imaxe de repulsa e identificaremos mellor o obxectivo común.

 

Grazas á participación das entidades e empresas, a campaña do ano pasado foi un éxito e logrouse impregnar á sociedade cambresa cunha mensaxe clara e rotunda contra as violencias. No 2017 participaron 217 asociacións, comercios, hostaleiras, centros de saúde, bibliotecas, clubes deportivos, centros de ensino,..., e o obxectivo este ano é chegar ás 300 adscripcións e introducirnos máis na zona rural de Cambre.

 

O Concello de Cambre financiará a impresión de materiais de sensibilización (lonas, cartaces, camisetas, pulseiras, mandís e vinilos) e os distribuirá por aquelas asociacións, comercios, hostalería, centros educativos, que participen na campaña.

 

O deseño dos materiais é o mesmo que o do ano pasado, polo que pódense reutilizar os carteis e camisetas que se facilitaron na campaña anterior, aínda que quen o precise terá máis materiais e poderán pedilos no email igualdade@cambre.org .  Os materiais son atemporais e poden manterse todo o ano expostos. 

 

A semana forte da campaña será do 19 ao 26 de novembro de 2018. O único que hai que facer é adornar o seu local, sede, negocio,..., coa cartelaría e vinilos sacar unha foto ou varias do local e/ou das empregadas/os, clientela, asociados/as,... e subíla ás redes sociais (facebook, twitter ou instagram) co hashtag: #CambreEnNegro e se pode ser acompañado tamén dalgún destes tres hashtags: #ContraAsViolencias    #GaliciaEnNegro #EnNegroContraAsViolencias.

 

As asociacións e clubes deportivos poden aproveitar calquera actividade propia da asociación ou clube durante esa semana para sacar unha foto coas participantes vestidas de negro (ou coa camiseta da campaña) e subíla ás redes sociais (facebook, twitter ou instagram) cos mesmos hashtags.

 

Recoméndase tamén vestir todos e todas de negro o venres día 23 de novembro de 2018 e facer de altofalantes da campaña para difundir a mensaxe entre a veciñanza e que intenten colaborar vestindo de negro, colgando algunha peza de roupa negra polas ventás,..., hai mil maneiras, o importante é ser creativos/as.

 

A todas as entidades participantes, o Concello de Cambre se vos dará de alta na páxina WEB www.ennegrocontraasviolencias.gal, coa conseguinte publicidade para a asociación, negocio, comercio, club, a nivel galego.

 

A maiores dos materiais que entregue o Concello, tamén na mesma páxina, www.ennegrocontraasviolencias.gal, podedes descargar os logos, carteis, banners para o facebook, twitter,..., no apartado de descargas por concellos Cambre ou descargas xénericas.

 

Aquelas entidades, asociacións e comercios que xa participástedes o ano pasado non tedes que enviar ningún formulario de adscrición, xa nos poñemos en contacto con vós.

 

Aquelas entidades, asociacións e comercios que aínda non participástedes na campaña e queredes facelo, tedes que enviar este boletín cuberto ao enderezo electrónico igualdade@cambre.org

 

Por último, o Concello de Cambre está a organizar un acto central de repulsa contra a violencia machista para o venres 23 de novembro de 2018 díante da Casa do Concello ás 12:00 horas. Contatará coa lectura pública dun manifesto e cunha actuación de danza contemporánea. Estades todos e todas convidadas.   

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress