Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 9 de noviembre de 2018 | Leída 33 veces

Xunta e Concello de Laracha colaboran na mellora e acondicionamento do parque infantil de Paiosaco

A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias e o delegado da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, visitaron onte pola mañá acompañados do alcalde de Laracha, José Manuel López Varela, o concello coruñés. Marta Fernández- Tapias indicou que a actuación conta cunha axuda da Orde de Infraestruturas de máis de 26.000 euros, o que supón o 60% do importe total da obra...

[Img #47115]

 

A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias e o delegado da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro visitaron onte pola mañá acompañados do alcalde de Laracha, José Manuel López Varela, as obras de mellora e acondicionamento do parque infantil levadas a cabo grazas á colaboración do Goberno galego e do concello.

 

Marta Fernández- Tapias indicou que esta actuación conta cunha axuda da Orde de Infraestruturas de máis de 26.000 euros, o que supón o 60% do importe total da obras, e puxo de relevancia a importancia da colaboración entre a Administración autonómica e as entidades locais para levar a cabo actuacións como esta que benefician directamente á cidadanía galega.

 

O proxecto contempla a substitución do solado e a instalación de novos xogos infantís, así como a colocación de novo mobiliario urbano, colocando na zoa de xogos un pavimento de seguridade de caucho e na de zona de paso e circulación, un pavimento de formigón autocompactante.

 

A Orde de Infraestruturas de uso público é unha orde de axudas da Xunta que apoia aos concellos galegos para financiar infraestruturas de uso público, como instalacións deportivas, prazas, paseos, parques infantís ou dependencias municipais onde se presten servizos administrativos. Para o ano que vén conta cun incremento nos orzamentos da Vicepresidencia dun 30 por cento.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress