Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 9 de noviembre de 2018 | Leída 21 veces
A LARACHA

A Canción do Elefante, de Redrum Teatro, abre os “Venres Teatrais”

Thriller psicolóxico inspirado na obra orixinal de Nicholas Billon. O elenco está formado por Machi Salgado, Guillermo Carbajo e Patricia Vázquez. Hoxe venres a partir das 21:00 horas na Casa da Cultura, con entrada libre e gratuíta...

[Img #47114]

 

Ao longo do presente mes de novembro desenvolverase unha nova edición do ciclo Venres Teatrais, o programa que o Concello da Laracha organiza cada ano co propósito de ofrecer espectáculos de alta calidade, achegar o teatro aos veciños e potenciar as artes escénicas e a cultura galega.

 

Este venres a partir das 21:00 horas a Casa da Cultura da Laracha acollerá a primeira das catro funcións das que consta o ciclo, que será A canción do elefante, da compañía Redrum Teatro.

 

Trátase dun apaixonante thriller psicolóxico inspirado na obra orixinal do canadense Nicholas Billon. Está protagonizado por Machi Salgado, Guillermo Carbajo e Patricia Vázquez e promete manter ao público pegado na butaca ata o seu desenlace.

 

O espectáculo é recomendado para persoas maiores de 13 anos de idade. A entrada é libre e gratuíta.

 

Os Venres Teatrais continuarán nas próximas semanas, coa seguinte relación de datas e actuacións:

 

  • Día 16: O servidor de dous amos, de Talía Teatro.
  • Día 23: Fillos do sol, de Contraproduccións.
  • Día 30: Nacidas libres, Contraproduccións.
¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress