Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 9 de noviembre de 2018 | Leída 26 veces

Nove locais formarán parte nesta fin de semana da ruta ‘Paiosaco Sabe A Tapas’

Do venres ao domingo ofrecerán elaboracións orixinais a 1,50 euros. Haberá ruadas a cargo da Asociación Cultural Queiroga de Paiosaco. Os consumidores entrarán no sorteo de máis de 30 regalos doados polos establecementos participantes e as empresas colaboradoras...

[Img #47113]

A primeira edición da ruta ‘Paiosaco sabe a tapas’ que se celebrará desde mañá venres e ata o domingo foi presentada hoxe no centro sociocultural de Paiosaco, nun acto no que participaron o alcalde, José Manuel López Varela, a concelleira de Promoción Económica, Rocío López, e representantes dos locais que formarán parte desta iniciativa.

 

En total serán nove os establecementos de Paiosaco e no seu entorno nos que se despacharán elaboracións orixinais ao prezo de 1,50 euros o venres (de 20:00 a 24:00 h) o sábado (de 12:00 a 15:00 e de 20:00 a 24:00 h) e o domingo (de 12:00 a 15:00 h). As tapas dispoñibles neses horarios son as seguintes:

 

  • Café Bar A Eira: Tenreira guisada en salsa de cogomelos.
  • Café Bar Balbís: Espetada da paixón.
  • Café Bar Bello Campo: Costela de porco con salteado de verduras.
  • Café Bar Lestón: Coello con beicon e champiñóns en salsa de viño tinto con arroz.
  • Cervecería Norte: Bacoriño en cama de queixo.
  • Cervecería O Cepo: Tigres con gambas e bechamel.
  • Bar Parrillada O Fogón da Pía: Pastel de cocido con grelos.
  • Cafetería Cervecería Suiza: Solombo de porco con salsa de castañas e cogomelos.
  • Cafetería Trevi: Cocido Trevi.

 

A Asociación Cultural Queiroga de Paiosaco amenizará as xornadas realizando ruadas pola vila. Outro aliciente para disfrutar das tapas será que os consumidores poden entrar no sorteo de máis de trinta regalos que foron doados tanto polos locais participantes como polas empresas que colaboran co Concello da Laracha na organización da ruta.

 

O alcalde, José Manuel López Varela, mostrouse satisfeito pola alta porcentaxe de locais da vila de Paiosaco que forman parte da ruta e animou aos responsables dos establecementos hostaleiros a aproveitar a oportunidade que se lles presenta para atraer e fidelizar clientes durante esta fin de semana. O rexedor municipal lembrou “as experiencias positivas das anteriores rutas realizadas en A Laracha e Caión”, nas que a afluencia de xente foi moi alta mesmo en xornadas nas que as condicións climatolóxicas non foron favorables.

 

López Varela considera que esta época, coa celebración do San Martiño –o patrón da parroquia de Lestón- e nunha fin de semana na que non hai feira, é a ideal para consolidar unha ruta de tapas en Paiosaco que supoña un impulso para o sector hostaleiro local.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress