Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 9 de noviembre de 2018 | Leída 20 veces
Deputación da Coruña

A Deputación e o servizo de Oncoloxía do CHUAC reúnen a 400 mulleres no Teatro Colón para compartir experiencias sobre a vida despois do cancro de mama

González Formoso destaca a utilidade dunha “iniciativa sociosanitaria pioneira” que chegou a máis de 1.000 mulleres da área sanitaria coruñesa. O presidente da Deputación afirma que o foro supón “unha excelente oportunidade para compartir experiencias, para ver que non estades soas e que, cada día máis, é posible gañar a batalla ao cancro de mama”...

[Img #47110]

 

Máis de 400 mulleres dos concellos da área coruñesa participaron onte pola tarde no Teatro Colón na derradeira xornada do ciclo ciclo “Empoderamento da muller con cancro de mama”, organizado polo servizo de Oncoloxía do CHUAC e a Deputación da Coruña, co obxectivo de que as persoas que superaron esta enfermidade  podan despexar dúbidas, abordar cuestións de interese común e compartir experiencias.

 

O evento comezou coas intervencións do doutor Luís Antón Aparicio, xefe da área de Oncoloxía do centro hospitalario coruñés e do presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, que gabou esta “iniciativa sociosanitaria pioneira” que chegou a máis de 1.000 mulleres en toda a provincia e que permitiu non só ofrecer recursos ás mulleres que superaron o cáncer de mama para resolver as dúas dúbidas e continuar a súa vida nas mellores condicións, senón que ademais permite aos profesionais da sanidade pública obter un interesante feedback sobre cales son os asuntos que lles preocupan.

 

Cada día máis preto de gañar a batalla a enfermidade

“Estes foros supoñen unha excelente oportunidade para compartir experiencias, para ver que non estades soas e que, cada día máis, é posible gañar a batalla á enfermidade”, afirmou González Formoso, que destacou que se trata da patoloxía tumoral máis frecuente no sexo feminino, con case 26.000 novos casos diagnosticados cada ano en España, “pero hay datos esperanzadores”, xa que case 9 de cada de 10 mulleres vencen ao cancer de mama. “Trátase dun índice de curación moi elevado, que se incrementa ano a no e no que prevención e investigación son os dous elementos clave”, afirmou.

 

Temas como a sexualidade, o embarazo, a depresión e ansiedade, os coidados das zonas afectadas foron algúns dos aspectos abordados polos diferentes especialistas en medicina, enfermería, psicoloxía que participaron no foro, no que ademáis as mulleres tiveron oportunidade de compartir as súas experiencias en torno a unha doenza que supón un de cada tres novos casos de cáncer detectados en mulleres, pero que conta a día de hoxe cun elevado índice de supervivencia, de preto do 90%.  Os expertos incidiron tamén na importancia da sensibilización da poboación sobre a detección precoz da enfermidade para seguir aumentando esta cifra.

 

As xornadas contaron coa participación de especialistas coma as oncólogas Silvia Antolín e Begoña Graña que explicaron cuestións relativas á epidemioloxía do cancro de mama, que afecta cada ano a 26.000 mulleres en España, 350 delas só na área sanitaria coruñesa.

 

A xinecóloga Carlota Díaz Carballada abordou cuestións relativas á fertilidade, a sexualidade e o embarazo tras o cancro; mentres que a psicóloga María Comillas de la Vega centrouse nos aspectos psicolóxicos da enfermidade.

 

A enfermeira Shalom Rivera, o fisioterapeuta Julio Aparicio, o dermatólogo Jesús del Pozo e a socióloga Luz Campello completaron o programa de ponentes deste ciclo xornada, que chega ao seu fin depois de recalar en Bergondo, Cee e Carballo nos últimos meses

 

App para móbiles

A organización conta tamén,  grazas ao apoio económico da Deputación, cunha app para dispositivos móbiles (EMCM18), que permite ás afectadas obter información sobre determinados aspectos de interese e manter o contacto a través dun foro no que poden compartir as súas experiencias.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress