Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 8 de noviembre de 2018 | Leída 13 veces

Ethel Vázquez solicítalle ao Goberno central a eliminación dos treitos de concentración de accidentes nas estradas estatais do mesmo xeito que a Xunta está realizando nas autonómicas

Vázquez Mourelle indica que a Xunta solicitou esta reunión por mor da evolución dos datos de falecidos nas estradas de Galicia, cun incremento do 30% respecto do ano pasado. Salienta que as administracións teñen que estar ‘atentas e tensas’ ante os accidentes de tráfico. Explica que os primeiros indicios apuntan a que gran parte dos accidentes teñen factores como as distraccións co móbil ou non levar posto o cinto de seguridade, polo que cómpre seguir traballando na concienciación e formación das persoas. Subliña que a Xunta seguirá celebrando campañas de sensibilización en medios e en colexios ou encontros formativos para motociclistas ou policías locais...

[Img #47108]A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, xunto co director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, participou onte nun encontro da Comisión Autonómica de Tráfico e Seguridade Viaria, na que lle solicitou ao Goberno central que actúen nas estradas estatais para eliminar os tramos de concentración de accidentes do mesmo xeito que o está realizando a Xunta nas vías da súa titularidade.

 

Nesta reunión, entre representantes da Administración Xeral do Estado, Xunta e Administracións locais, o Goberno galego propuxo un borrador de protocolo de colaboración en materia de seguridade viaria para a súa posterior sinatura.

 

Cómpre lembrar que a Xunta, co gallo dos últimos datos de falecidos nas estradas de Galicia, que amosan un incremento no contorno do 30% respecto do ano pasado, solicitou a celebración deste encontro. A este respecto, a conselleira manifestou que as administracións teñen que estar ‘atentas e tensas’ ante os accidentes de tráfico.

 

Os datos avaliados apuntan a que gran parte destes accidentes teñen factores como as distraccións co móbil e non levar posto o cinto de seguridade. Nese sentido, a conselleira destacou a necesidade de seguir traballando na concienciación e formación das persoas.

 

A titular de Infraestruturas subliñou que a Xunta seguirá celebrando campañas de sensibilización en medios de comunicación e en colexios ou encontros formativos para motociclistas e para policías locais. Nesta liña, solicitou ao Goberno central o mantemento das colaboracións en accións como o reparto de chalecos reflectantes que fabrica a Xunta.

 

Sinalou que o Goberno galego se compromete a manter e amplificar as accións en marcha e previstas no Plan de Seguridade Viaria de Galicia, actuando sobre as estradas coa construción de sendas peonís ou a eliminación dos treitos de concentración de accidentes.

 

Engadiu outras actuacións que a Xunta seguirá levando a cabo, como os plans de conservación ordinaria e extraordinaria para manter a rede viaria en condicións axeitadas ou a adquisición de máis elementos reflectantes para peóns e ciclistas.

 

No marco desta coordinación entre administracións e co fin de reforzar a seguridade, o Goberno galego tamén lle demandou ao central que identifiquen treitos da súa rede que necesiten melloras ou que incrementen a seguridade dos peregrinos con sinalización e coas obras necesarias.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress