Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 8 de noviembre de 2018 | Leída 11 veces
Deputación da Coruña

A Deputación e o Concello de Oleiros investirán 167.525 euros no parque costeiro metropolitano de Bastiagueiro

O deputado de Contratación e Patrimonio, Xesús Soto, e o alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, asinaron un convenio de colaboración para o financiamento do parque costeiro metropolitano de Bastiagueiro, un proxecto que suporá un investimento de 167.525,15 €...

[Img #47103]

 

A Deputación da Coruña financiará, a través do convenio, o proxecto do concello de Oleiros para o que achega de 130.000 €, o 77,6% do do orzamento total da obra que recuperará o espazo costeiro entre Santa Cruz e Perillo, declarado zona verde protexida, cunha extensión de 180.000 metros cadrados.

 

Para o deputado Xesús Soto, a obra "suporá unha mellora para a zona e será utilizada por milleiros de persoas, en especial da propia comarca, que visitan este espazo de tanto interese declarado zona verde protexida", sinalou arredor dun proxecto que suporá a recuperación do espazo costeiro, entre Santa Cruz e Perillo, que será visitado de maneira especial polas persoas que se achegan aos areais de Bastiagueiro, Santa Cruz e Naval.

 

"Estamos a falar dunha obra de gran envergadura que supuxo un gran esforzo para o Concello de Oleiros con 70.000 metros cadrados expropiados e un importante investimento económico. Grazas a isto, poderemos contar cun parque que non só será para Oleiros, estamos a falar dun parque metropolitano natural do que se beneficiará toda a comarca da Coruña", destaca o alcalde de Oleiros, Angel García Seoane.

 

O Concello de Oleiros xa procedeu á expropiación de 70.000 metros cadrados de solo costeiro. Este espazo natural, situado tras a praia de Bastigueiro Pequeno, quérese ordear para convertilo nun lugar de ocio, paseo e esparcemento para a veciñanza.

 

As obras contempladas nesta fase previa inclúen o movemento de terras para suavizar as pendentes existentes, o acondicionamento do camiño de acceso á praia para permitir o paso de maquinaria, a preinstalación das canalizacións para o alumeado público e a execución de sendas peonís en xabre-cemento, de dous metros de ancho, con continuidade do acceso rodado á praia mediante unha pasarela de madeira.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress