Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 8 de noviembre de 2018 | Leída 12 veces

O Concello remata o procedemento de contratación de tres proxectos na rede viaria nos que serán investidos 380.000 €

A Mesa de Contratación procedeu onte á apertura de plicas e clasificación das ofertas presentadas. En Caión realizarase a urbanización parcial da área de reparto do Campo da Insua. Na Avenida Fisterra da Laracha crearase un novo paso de peóns e melloraranse os espazos de estacionamento de vehículos. Renovarase a superficie de rodadura da 3ª Travesía Doutor López Astray e de dúas estradas en A Ganduma...

Onte celebrouse unha reunión da Mesa de Contratación do Concello da Laracha na que se procedeu á apertura de plicas e clasificación das ofertas presentadas para a execución de tres proxectos: a urbanización parcial da área de reparto do Campo da Insua de Caión, o reforzamento da seguridade viaria na Avenida Fisterra da Laracha e a mellora do pavimento na 3ª Travesía Doutor López Astray e en dúas estradas do lugar de A Ganduma. En total, estas actuacións suman un investimento superior aos 380.000 euros.

 

Á adxudicación do contrato de urbanización parcial da área de reparto do Campo da Insua de Caión aspiran 23 empresas. A obra consiste na apertura dunha nova vía que enlace a rúa do Carme coa Avenida Méndez Núñez, o que suporá unha mellora substancial nas comunicacións peonís e rodadas nesta zona residencial situada a carón do paseo marítimo, moi preto tamén do colexio de Caión, do cemiterio vello, do consultorio médico e do futuro centro comunitario. O ámbito de actuación alcanza os dous mil metros cadrados de superficie, sobre os que se construirá unha estrada de sete metros de anchura (un carril de 3,5 metros de amplitude para cada dirección) máis zonas de aparcamento a ambos lados, beirarrúas e espazos axardinados. Contémplanse, tamén, melloras nas redes de abastecemento de augas e de saneamento, a rede de recollida de augas pluviais e as canalizacións soterradas dos servizos eléctricos, telecomunicacións e iluminación pública.

 

Na Avenida Fisterra da Laracha –o tramo urbano da estrada AC 552 ao seu paso pola capital municipal- o proxecto, ao que se presentaron nove ofertas, céntrase na mellora integral da seguridade viaria. Unha das actuacións que se levarán a cabo será a creación dun novo paso para peóns –coa correspondente adaptación da beirarrúa- á altura da zona coñecida como Canta La Rana, é dicir, nas proximidades do extremo da avenida en dirección Carballo. Trátase dunha área residencial e comercial na que existen paradas de autobuses con marquesiñas e onde hai unha distancia considerable ata o seguinte paso de cebra en calquera das dúas direccións. Ademais, serán renovados o pavimento –está previsto actuar nunha superficie de dous mil metros cadrados- e as marcas viarias nos espazos reservados ao aparcamento de vehículos, tanto na zona azul como a de estacionamento sen limitación temporal. Nos tramos nos que o aparcamento se realiza actualmente en oblicuo e cara adiante, as novas marcas orientarán aos vehículos para facelos marcha atrás, tal e como se recomenda actualmente para facilitar posteriormente a incorporación á estrada.

 

Por último, o terceiro proxecto –con oito propostas presentadas no procedemento de contratación- consiste na renovación do pavimento en dúas rúas do lugar de A Ganduma (parroquia de Lestón) e tamén da 3ª Travesía Doutor López Astray, situada no centro do casco urbano da capital municipal e onde se contempla, ademais, a mellora da rede de recollida de augas pluviais.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress