Jueves, 9 septiembre 2010

A Consellería de Sanidade reitera a súa colaboración coa fin de contribuír á máxima transparencia no proceso de oposicións do Sergas

Enviar por email

A Administración sanitaria galega xa remitiu a semana pasada a documentación...


A Consellería de Sanidade reitera, unha vez máis, a súa vontade de colaboración coa fin de contribuír á máxima transparencia no proceso de oposicións ao Servizo Galego de Saúde.

Neste senso, a Administración sanitaria galega xa remitiu a semana pasada a documentación que se lle solicitou por parte do Valedor do Pobo, unha vez que se constatou o remate do período vacacional de agosto na oficina desta institución, aínda que a insititución xa coñecía o proceder mediante diversos contactos previos.

Asemade, as conclusións do informe da Dirección Xeral de Avaliación e da Dirección Xeral de Recursos Humanos, poñen de manifesto que non existiron accións que puxeran en risco a limpeza do resultado final das probas celebradas, así como o feito de valorar positivamente a decisión tomada pola Consellería de Sanidade, xa no pasado mes de febreiro, que, sen obrar denuncia formal ao respecto, decidiu, por iniciativa propia, realizar unha investigación interna.

Polo tanto, máxima transparencia e máxima colaboración nun proceso selectivo que iniciou o Bipartito, e no que neste goberno non tomou parte nin no seu regulamento nin no seu procedemento organizativo.

¡Deje su comentario!
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2012 • Todos los derechos reservados.
POWERED BY FOLIOePRESS