Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 7 de noviembre de 2018 | Leída 17 veces

A Xunta aposta por un modelo de formación dual e flexible para xerar emprego de calidade no proceso de dixitalización industrial

A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, participou onte en León no ‘I Encontro trilateral APD: Retos que nos unen. Pancas a compartir’. Sinalou a importancia da colaboración institucional nun mercado laboral que está cambiando co fin de anticiparse e dar resposta aos novos perfís profesionais e ás demandas do tecido produtivo. O Orzamento da Consellería de Economía, Emprego e Industria para 2019 destina 145M€ para programas de formación e orientación adaptados ás necesidades das empresas para seguir avanzando na creación de máis e mellores postos de traballo...

[Img #47100]A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, participou onte en León no I Encontro trilateral APD: Retos que nos unen. Pancas a compartir, organizado pola Asociación para o Progreso da Dirección, onde salientou a importancia de apostar por un modelo de formación dual e flexible para xerar emprego de calidade no proceso actual de dixitalización industrial.

 

Toca salientou que a formación é o mellor investimento que poden facer as empresas galegas para afrontar os retos da Industria 4.0 e anticiparse, así, ao emprego que vén, sinalando que o Orzamento da Consellería de Economía, Emprego e Industria para 2019 destina 145 millóns de euros para programas de formación e orientación adaptados ás necesidades das empresas para seguir avanzando na creación de máis e mellores postos de traballo. Apuntou que se trata dun proxecto económico ambicioso e de futuro para Galicia que se centra no apoio á dixitalización da industria e no emprego de cualificado e de calidade. Así, as Contas de Economía, Emprego e Industria para 2019 crecen un 9,2% con respecto a 2018 ata chegar aos 570 millóns de euros.

 

A secretaria xeral de Emprego indicou a importancia da colaboración institucional e dos axentes sociais e económicos nun mercado laboral que está cambiando co fin de anticiparse e dar resposta aos novos perfís profesionais que está demandando o tecido produtivo. Así, avogou por avanzar en novas ferramentas que poidan dar respostas á transformación que está a vivir o mercado laboral indicando que a Administración Autonómica ten en marcha a Axenda 20 para dar resposta ao novo modelo produtivo.

 

Toca, neste senso, insistiu na necesidade de apostar por unha formación continua e dual que permita contar con traballadores cualificados. Por este motivo, o Goberno galego conta con medidas que van neste camiño, cunha formación adaptada e á carta. Así enumerou programas como as Unidades Formativas, os plans específicos para o naval, a automoción ou o forestal ou os obradoiros duais. Iniciativas que se complementan con outras que pretenden potenciar e captar talento para o ecosistema innovador galego.

 

En 2019, ademais, daranse novos pasos, coa creación de especialidades formativas que formarán parte dun catálogo específico para os sectores estratéxicos de Galicia, e o programa de segunda oportunidade dirixido a 1.000 mozos e mozas galegas.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress