Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 7 de noviembre de 2018 | Leída 26 veces
balonces

Crónicas xornada CB Laracha

Senior Masculino. Senior Femenino...

[Img #47096]Senior Masculino

C. B. Laracha 82 - 32 Carnicería Muiño Costa da Morte 

Anotación: Aitor (6 pts.); Diego (6, 2 triples); Juan F. (14); Carlos (7, 1 triple); Bruno – Cinco Inicial – Abel (20); Jota (5, 1 triple); Rubén C. (5, 1 triple); Fran C. (9, 1 triple); Tato (4); André (6).


Parciais: 22-4; 22-11; 21-8; 17-9


Nova victoria para o equipo de Javier Cotelo nun partido apagado para os numerosos afeccionados que se desplazaron ata o Agra de Leborís debido a gran disparidade entre os plantéis que nel se enfrontaban. 


Xa dende o quencemento se podían apreciar as grandes diferenzas entre ambos equipos. O clube de Cee non podía contar con máis de sete xogadores mentres que a convocatoria local estaba configurada por doce, ao que lle había que sumar que a meirande parte dos xogadores ceenses eran xuvenís.


Con todo isto, o Laracha aproveitou para amosar a súa superioridade. A tónica foi a mesma ao longo de todo o partido. De boas defensas xerábanse ataques rápidos, rematados a maioría das veces con bandexas sinxelas. En estático intentábase facer ver o adestrado, dando bos resultados en numerosas ocasións. 


Con esta o C.B. Laracha suma a cuarta victoria da tempada, que lle permite manterse nos postos que dan acceso ao Play Off de ascenso.


Finalmente, toca felicitar ao equipo contrincante, pois, a pesar das dificultades coas que contan para competir nunha categoría que este ano deu un salto cualitativo moi importante, non baixaron os brazos en ningún momento e trataron de competir con orden e xogo limpo ao longo dos corenta minutos. Parabéns.


O próximo partido terá lugar o martes 13 de Novembro as 21:15 en Cambre.


Senior Femenino

C.B.Laracha 32-63 Vazquez y Reino Basket Xiria

Anotación: Jessi Viña (7), Mili Rodriguez, Lucia Diaz (4), Bibi Diaz (2), Helena Bello, Laura Naya, Lucía Graña (2), Cris Baldomir, Ana Aldao (2), Martina Loureiro (11), Renata González (2), Irene Velo (2).

 

Parciais: 6-15, 7-15, 4-17, 15-16.
 

Primeiro partido na casa das nosas senior que supuxo a sua primeira derrota no que vai de tempada.
 

O encontro comezou cun Laracha moi desacertado en ataque pero que conseguía manterse sólido en defensa ante a altura interior e a ameaza exterior das carballesas ainda que incapaz de dominar o rebote defensivo o que deixaba o marcador tras os primeiros minutos nun 6-15.


Comezado o segundo cuarto chegou unha tímida reacción das larachesas, lideradas pola decision ofensiba de Jessi quen tamén destacou notablemente na defensa, que acabaría en nada debido a escasa fluidez en ataque e a baixa efectividad no tiro deixando un resultado ao descanso de 13-30.


Tralo paso polos vestiarios o partido continuou cunha dinámica similar a dos primeiros minutos onde as de Fran non conseguían poñer dificultades a un Xiria que se sentiu moi cómodo durante todo o partido. Un laracha cansado e debilitado en defensa permitía tiros liberados que non desaproveitaron as visitantes para romper definitivamente o partido, 17-47.


Foi no último cuarto cando se viu a mellor versión das nosas que amosaban máis decisión en ataque e en defensa destacando nesta labor a Helena, que debutaba por primeira vez en categoría senior. Neste período o equipo recuperouse, permitindo un parcial moi igualado (15-16), que chegou tarde para poder loitar pola victoria. 


E preciso facer mención especial as junior convocadas: Ana, Laura e Helena que apoian e contribúen notablemente no equipo senior e prometen ser un impulso nos próximos tempos.


O seguinte partido será en Laracha contra Ensino de Lugo o domingo 11 de Novembro.

 

[Img #47097]

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress