Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 7 de noviembre de 2018 | Leída 21 veces
bng

O Grupo Municipal do BNG pide modificacións na ordenanza 6, taxa por prestación do servicio de subministro de auga potable a domicilio

Usuarias e usuarios denuncian cada vez con maior asiduidade a mala calidade da auga que se subministra. A todo isto tamén hai que sumar o feito de que non que vai de ano só se cobrara o primeiro trimestre…

Son cada vez máis frecuentes as queixas pola mala calidade do auga en Arteixo sen que a día de hoxe o goberno municipal dea unha soa explicación “a día de hoxe o mutismo é absoluto non hai forma de que informen absolutamente de nada” indican desde o BNG.

 

A calidade da auga, habitualmente con moitos resíduos e de cor escura non é só en momentos puntuais de fortes choivas ou avarías senón que acontece puntualmente e dunha forma moi habitual “o lóxico sería informar que motivos hai para isto” sinalan. O BNG vai solicitar unha modifiación na ordenanza para que previa reclamación das persoas afectadas se desconte do recibo “o lóxico sería que houbese uns impresos de reclamación a dispor de usuarias e usuarios e que non se descontase do recibo” afirman desde o BNG.

 

Tamén descoñecemos  que está motivando a día de hoxe o atraso na publicación dos padróns trimestrais. No mes de novembro tería que publicarse o terceiro e a día de hoxe só se publicou o 1º no mes de xullo “o descontrol é absoluto, publicouse o  padrón dous días despois de que comezara o periodo de cobro, logo ampliouse o prazo unha vez que rematase xa o 24 de setembro e por outro lado non se garante a posibilidade de presentar recurso e que se resolva” indican desde o grupo municipal do BNG. En todo este tempo nin unha soa información saiu desde o Concello informando ás veciñas e veciños de que estaba pasando nin coa calidade da auga “ hai un mutismo absoluto” nin de que está a acontecer cos recibos “ só agardamos que se teña en conta que o problema é do concello e que non se lle faga pagar á xente de Arteixo” .

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress