Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 7 de noviembre de 2018 | Leída 25 veces

O concello de Arteixo e a Xunta ofrecen un programa de formación para 100 personas

Os interesados poderán optar a cursos homologados de especialista en atención sociosanitaria; monitor de tempo libre, comedor e transporte escolar; auxiliar de cociña e restaurante-bar; e caixeiro…

A Xunta e o concello de Arteixo acaban de abrir na selección de 100 personas para o Programa Integrado de Emprego 2018-2019. Os cursos comezarán  en xaneiro, e o ano pasado máis do 60% dos parados que o fixeron acabaron encontrando traballo. Concretamente, poucos días despois da súa finalización 53 dos 85 participantes tiñan emprego.

 

Este Programa, cofinanciado pola Consellaría de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, o Servizo Público de Emprego Estatal e o Concello de Arteixo, ten por obxecto á mellora da ocupabilidade e a inserción laboral das persoas traballadoras en situación de desemprego, mediante a realización das seguintes accións formativas:

 

  • Caixeiro/repoñedor/almacén.
  • Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais.
  • Operacións auxiliares de cociña e restaurante-bar.
  • Monitor de tempo libre, comedor e transporte escolar.

 

Así mesmo, durante todo o Plan, realizaranse accións de formación transversal, tales como: prevención de riscos laborais, marca persoal, emprego 2.0, manipulador de alimentos e pescado, prácticas laborais, fomento do emprendemento, orientación laboral e rede Eures.

 

As persoas desempregadas beneficiarias deste Programa son

 

  • Persoas perceptoras de prestacións ou subsidios de desemprego.
  • Maiores de 45 anos.
  • Mulleres.
  •  
  • Menores de 30 anos.

 

A preselección de candidatos realízase dende a oficina de emprego, sendo a posterior selección definitiva por parte dos técnicos do Departamento de Promoción e Desenvolvemento do Concello de Arteixo. As persoas interesadas en formar parte do Programa Integrado deben ter posto o código 930 de programas experimentais na súa Oficina de Emprego.

 

Para máis información deben dirixirse a Concellaría de Promoción e Desenvolvemento, sita no Centro Arteixo Innovación (Avda. Arsenio Iglesias, Parc.46). Teléf. 981 640 572.

 

O programa ten por obxecto á mellora da ocupabilidade e á inserción laboral das persoas traballadores en situación de desemprego, mediante a posta en marcha dun plan integral que combina accións de información, orientación, asesoramento, formación, práctica laboral, prospección de empresas e intermediación laboral.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress