Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 7 de noviembre de 2018 | Leída 13 veces
CAMBRE

Comeza a votación da campaña de orzamentos participativos “Decidámolo Xuntos”

Pódese votar ata o 16 de novembro a través da APP ou da páxina web do Concello. Logo desta votación estes puntos sumaranse aos obtidos nos apartados anteriores e as propostas de investimento que obteñan a maior puntuación inlcuiranse nos orzamentos...

Tras a recollida de propostas da campaña de ornamentos participativos Decidámolo Xuntos (máis de 800) comeza o periodo de votación hoxe día 6 de novembro ata o 16 de novembro.

 

Os técnicos xa valoraron e puntuaron as máis de 800 propostas, en canto a súa viabilidade técnica e orzamentaria, das que un centenar pasaron a seguinte fase.  

 

Nun principio tan só pasarían a esta fase de votación as que superasen os 55 puntos, pero finalmente decidiuse que pasaran todas as propostas de investimentos que foron xa puntuadas polos técnicos.

 

Agora serán os veciños os que voten 3 delas coa valoración do 1 ao 3 (1 a menos valorada, 3 a máis valorada). Despois sumaranse os puntos obtidos por cada investimento e procederase a ordealas da máis á menos votada. A proposta que obteña máis votos recibirá 20 puntos, a seguinte 19, e así sucesivamente ata chegar a 0 puntos.

 

Logo desta votación estes puntos sumaranse aos obtidos nos apartados anteriores e as propostas de investimento que obteñan a maior puntuación inlcuiranse nos orzamentos ata o límite marcado pola Intervención Municipal neste capítulo de gasto.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress