Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Martes, 6 de noviembre de 2018 | Leída 27 veces

Actívase a alerta laranxa por chuvias no oeste e suroeste da Coruña a partir de hoxe

Lémbrase a necesidade de extremar as precaucións, seguir as medidas de protección pertinentes e consultar a web www.112galicia.org...

[Img #47092]A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta vén de activar a alerta laranxa por un episodio de chuvias que afectará hoxe ao oeste e suroeste da provincia da Coruña. Cómpre recordar que xa estaba activada tamén unha alerta laranxa por temporal costeiro en todo o litoral galego a partir das 14:00 horas de hoxe.

 

Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), a partir das 09:00 horas deste martes agárdanse nestas zonas da provincia da Coruña precipitacións acumuladas de 80 mm en 12 horas.

 

No mar, espéranse ventos do suroeste, con forza 8 a intervalos. Na costa do noroeste e oeste da Coruña poderán acadar a forza 9 ocasionalmente, con mar combinada do oeste de 5 a 6 metros.

 

Ante as fortes chuvias, aconséllase circular con precaución e informarse antes do estado das estradas, evitar pasar preto de árbores, paneis publicitarios, andamios e obxectos que poidan ser derrubados polo vento, non atravesar zonas inundadas ou que poidan chegar a asolagarse (pontes, torrentes, etc.), non aparcar nas ribeiras dos ríos, non utilizar vehículos lixeiros nin de pouca estabilidade ( bicicletas ou ciclomotores) e retirar todos os obxectos que poidan caer á rúa dende tellados, balcóns e ventás.

 

En canto á alerta na costa, a Xunta lembra a importancia de manterse afastado da liña de costa, isto é, diques, rompentes, paseos marítimos. Tamén se recomenda que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións.

 

Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 www.112galicia.org, que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress