Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Martes, 6 de noviembre de 2018 | Leída 55 veces

A aula da natureza do “Muíño Vello” acolle a exposición “áreas mariñas protexidas”

Organizada pola Concellería de relacións coa Comunidade Educativa, en colaboración co CEIDA e a Deputación da Coruña, poderá visitarse ata o 7 de novembro no Centro de Interpretación-Aula da Natureza “ Muíño Vello” de Arteixo. Areas Mariñas Protexidas, é a primeira das catro mostras que acollerá a aula durante os próximos meses…

[Img #47085]A exposición, estrutúrase en catro bloques: os Recursos  do mar, as Problemáticas de conservación, a Pesca en Galicia e as Áreas mariñas protexidas. Pretende dar a coñecer esta figura como estratexia eficaz de conservación do mar e do litoral, achegar este concepto ao público e á sociedade, sensibilizar ao visitante respecto da importancia do mar e do litoral como patrimonio cultural, económico e social, e evidenciar o papel que cada un de nós, sen importar a idade, pode xogar, para contribuír na conservación do medio mariño.

 

Poderá visitarse de luns a venres, ata o 7 de novembro, na planta baixa da Aula da Natureza do “Muíño Vello” en horario de mañá (09:30 a 14:00) e tarde (16:30 a 19:00 horas).

 

A exposición, cedida temporalmente polo  CEIDA, forma parte dun conxunto de mostras  concibidas como “ferramentas de divulgación para fomentar entre a cidadanía o compromiso e a necesidade de conservación do patrimonio natural e cultural” polo que os seus contidos son accesibles a todo tipo de público.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress