Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Martes, 6 de noviembre de 2018 | Leída 17 veces
ARTEIXO

Actividades nas bibliotecas en novembro e decembro

Desde a Rede Municipal de Bibliotecas achegamos a información sobre as diferentes actividades que temos programadas para a rapazada de 4 a 11 anos, agás algún obradoiro que terá unha recomendación algo maior, de 6 a 11. Recordade que son actividades para estas idades e que non estará permitida a entrada para rapazada menor desa idade...

[Img #47084]

 

Entre as actividades que vos presentamos haberá algún obradoiro en Meicende que será por inscrición, con Fran Naveira, no que aprenderemos como creamos as historias e os persoaxes delas, escribindo, debuxando, facéndoas con plastilina ou en papel... En O Froxel estará a maxia de Chrystyan Magic co seu espectáculo "Enigma". No resto das bibliotecas (Oseiro,Pastoriza e Arteixo) estarán Caxoto, Tótem Xestión, Cornelia Craft e Iván Serrano para facer que o ratiño que pase a rapazada nas nosas bibliotecas sexa o máis divertido posible con contos, cancións, humor...
 
Recordade que nestas actividades o único que pedimos é puntualidade e facer caso das recomendacións de idades e peticións do persoal das bibliotecas. Para calquera dúbida ou aclaración podedes consultar por teléfono en horario de atención ao público nas bibliotecas que vos interese, teléfonos que podedes ver na seguinte ligazón aos horarios e telefónos na páxina web do concello.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress