Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Martes, 6 de noviembre de 2018 | Leída 10 veces
cambre

Cambre recibe a 56 alumnos e alumnas europeas que traballan no proxecto educativo Erasmus+

O Concello de Cambre recibiu onte a un grupo de estudantes que están a realizar un proxecto Erasmus+ co IES David Buján neste caso sobre novas tecnoloxías da Información e a Comunicación…

[Img #47083]

 

É un proxecto enriquecedor para os alumnos e alumnas xa que, ademais do enriquecemento cultural e lingüístico, é unha maneira de achegar as tecnoloxías do futuro á mocidade.



O proxecto involucra a 56 estudantes de 13-14 anos de tres países (Reino Unido, Italia e España) (14 de Italia, 14 de Reino Unido e 28 de España)

 

Durante esta semana os alumnos e alumnas europeos residirán en Cambre polo que o edil de Patrimonio, Ramón Boga, animoulles a gozar da cultura galega, da súa gastronomía, historia e paraxes naturais. “Aquí, en Cambre tedes unha visita obrigada a nosa iglesia románica de peregrinación, unha xoya do románico, e por suposto aínda que con mal tempo debedes coñecer o noso paseo fluvial, o noso encoro”.

 

“Estou moi agradecido ao labor dos mestres do David Buján que están a facer un traballo excelente no Instituto, e como non tamén o traballo de investigación dos mozos e mozas do IES que xa son un referente en canto aos proxectos científicos, apuntou Boga.”

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress