Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Martes, 6 de noviembre de 2018 | Leída 20 veces
Deputación da Coruña

A Deputación apoia con 550.000 euros a 163 entidades deportivas da provincia para realizar actividades e mellorar as súas infraestruturas

A área de Deportes da Deputación destina este ano preto de 200.000 euros para financiar 11 grandes eventos deportivos...

A Deputación da Coruña publicou onte no Boletín Oficial da Provincia a concesión provisional das subvencións a entidades deportivas da provincia para a realización de actividades e mellora das súas infraestruturas e equipamento deportivo.

 

En total, 163 entidades sen ánimo de lucro de todas as comarcas da provincia coruñesa percibirán un total de 550.425,11 euros en axudas da área de Deportes da institución provincial.

 

Un total de 91 entidades recibirán axudas por importe de 323.633,19 €  para a construción de novas infraestruturas de uso deportivo, rehabilitación ou mellora de instalacións existentes, adquisición de vehículos ou material deportivo e outras 72 percibirán achegas por importe de 226.792,22 € para promover campañas de actividade física  ou de deporte afeccionado.

 

Programas de actividade deportiva extraescolar, escolas deportivas de diferentes disciplinas (fútbol, tenis, taekwondo…), torneos de deporte base, carreiras populares ou campañas de deporte inclusivo para persoas con discapacidade física son algunhas das actividades que contarán con financiamento provincial.

 

200.000 euros para apoiar a celebración de grandes eventos deportivos

O Boletín Oficial da Provincia publicou tamén onte a concesión de 195.768,74 € en axudas para financiar 11 grandes eventos deportivos.

 

Algunhas das actividades que contarán con axuda da área de Deportes da Deputación son os Rallies de Ferrol, Narón e  Terra da Auga de Arzúa, os campionatos de España de surf e xadrez (sub-12 , sub-10 e sub-8), o XX Torneo interncional de judo Teresa Herrera ou Samurai Extreme Race.

 

Próximas axudas para competición en deporte federado

Nas vindeiras semanas publicarase a concesión provisional dos programas de axudas para os clubs deportivos coruñeses sen ánimo de lucro que participen en competicións federadas de ámbito local, provincial ou autonómico (655.000 euros) ou nacional e internacional (550.000 euros)

 

No caso dos clubs que compiten a nivel local, provincial e autonómico as axudas oscilarán entre os 1.000 e os 60.000 euros que se poderán destinar a cuestións como a adquisición de material deportivo non inventariable, gastos de transporte e desprazamentos, ou gastos de participación en competicións oficiais. Para os clubs federados que compiten a nivel nacional ou internacional estas axudas poden chegar ata os 75.000 euros.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress